A OCDE calcula que no ano 2030 a Biotecnoloxia estara detras do 35% de todos os procesos industriais, do 80% da obtencion de farmacos e de metodos diagnosticos asi como do 50% da produccion agricola. Probablemente as previsións non se cumpran, pero como cidadáns prudentes debemos estar atentos ao noso ao redor e coñecer as tecnologias, os produtos, as empresas, a investigacion, etc. para non deixar pasar ningunha oportunidade neste tempo que nos toca vivir. Este libro axuda ao lector a introducirse no mundo da Bioteocnoloxia transmitíndolle os seus conceptos mais basicos e ofrecéndolle unha precisa panoramica do sector.
O autor
Juan P. Duque é Titulado superior do CsIC e Doutor en Química. Realizou a súa tese sobre síntese asimétrica e participou en cursos e másteres sobre Project Management, Xestión ambiental, Biotecnoloxía alimentaria, etc., e como relator convidado en numerosas xornadas técnicas, mesas redondas e seminarios sobre xestión de I+D.
Traballou como Director Técnico de plantas químico-farmacéuticas e alimentarias e como experto en consultoría medioambiental. ademais, prestou asesoramento a diversos proxectos de investimento de empresas de base tecnolóxica. actualmente, representa ao CsIC no cluster de Biotecnoloxía agroalimentaria de Castela e León.