A dirección por implicación na práctica

La-Direccion-por-Implicacion-en-la-Practica(NOTA: este libro só está dispoñible en formato PDF e idioma castelán)

As empresas que desexan realizar os cambios necesarios para mellorar a súa capacidade competitiva e poder afrontar os retos que presenta o século XXI enfróntanse a dúas preguntas básicas pero ao mesmo tempo moi simples: que cambiar? e como facelo?

Esta obra ofrece os coñecementos para encontrar as respostas axeitadas a estas preguntas cun enfoque eminentemente práctico. Estas respostas, baseadas no maior caudal de coñecemento posible, propoñen un proceso de aprendizaxe no que se implican as persoas dos diferentes niveis da organización facendo funcionar a chamada espiral de aprendizaxe persoa-equipo-organización.

Ao longo do texto desenvólvense os conceptos teóricos necesarios, pero tamén se presentan a metodoloxía e as ferramentas para a aplicación destes coñecementos á vida real. Desta forma, a obra será de utilidade no ámbito empresarial, ao servir de axuda no deseño e implantación do cambio estratéxico para adecuar a organización á sociedade do coñecemento.

O autor

José Carlos Álvarez Fernández é Doutor en Ciencias Empresariais e Catedrático de Organización de Empresas na Universidade de Vigo. Foi Director da Escola de Negocios Caixanova dende a súa fundación ata o ano 2000. Consultor e formador especializado en Estratexia e Organización. Profesor invitado en diferentes universidades e escolas de negocios. Conferenciante habitual e relator en numerosos congresos. É autor de ensaios e libros sobre temas moi diversos.

Descargas

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios