A innovación é fundamental para o éxito das organizacións pero a maioría dos líderes non están satisfeitos coa capacidade innovadora da súa empresa.
Este libro responde a como innovar coas metodoloxías e ferramentas que poden ser postas en práctica por unha organización de calquera tipo ou tamaño. O punto de partida é un método para definir realmente as necesidades dos clientes, o que, xunto á evolución da tecnoloxía, permite describir as funcións que debe realizar o noso produto ou servizo, creando conceptos poderosos dunha proposta de valor a través da idealidade, a máxima utilización dos recursos e a resolución de contradicións.
O autor
Julián Domínguez Laperal é Licenciado en Ciencias Químicas, MBA pola Escola Europea de Negocios, Diplomado en Técnicas de Xestión de Calidade e Especialista en Tecnoloxía Ambiental ITEGMA.
Traballou en dúas multinacionais e foi fundador de dúas empresas. Como formador impartiu seminarios en distintas empresas e universidades, e talleres prácticos de innovación en España, Chile, Perú e Colombia.
Ademais, é o creador do proxecto Innovación Sistemática (www.innovacion-sistematica.net), que difunde a Teoría de Resolución de Problemas Inventivos en castelán, xunto con outras metodoloxías para a innovación sistémica e sistemática.