Alcanzar os beneficios da eco-innovación require alterar os criterios de deseño de produto, renegociar relacións cos provedores, desenvolver novas habilidades nos recursos humanos, cambiar a tecnoloxía da empresa e os seus procesos produtivos, e desenvolver novas relacións cos clientes.
Esta transición non é sinxela e require numerosos cambios dentro das empresas. Este libro ofrece, con detalle e numerosos exemplos, as claves para realizalos.
Os autores
Javier Carrillo é Director do Departamento de Entorno Económico dos Negocios en IE Business School. Dedicou os últimos anos a investigar o cambio tecnolóxico sustentable, así como os novos modelos de xestión e as políticas que tratan o reto medioambiental de xeito innovador.
Pablo del Río é Científico Titular do Consello Superior de Investigacións Científicas. As súas principais liñas de investigación son o estudo dos procesos de eco-innovación na industria e a análise económica dos instrumentos de promoción das enerxías renovables.
Totti Könnölä é CEO de Impetu Solutions, unha compañía internacional de consultoría dedicada á innovación e a prospectiva. É tamén profesor asociado de Dirección de Operacións en IE Business School. É un recoñecido consultor en temas de xestión estratéxica da innovación e a sustentabilidade.