Crear emprego é unha das necesidades máis urxentes do momento actual, e unha das ferramentas básicas que axudan a logralo é a elaboración dun Plan de Negocio.
O proceso de deseño do modelo de negocio é parte da estratexia de negocios. Describe de maneira lóxica a forma na que as organizacións crean, entregan e capturan valor.
Dada a súa ampla traxectoria empresarial, o autor ofrece neste libro as claves para a súa elaboración, asegurando unha orde adecuada dos contidos e unha exposición clara que axude a defender o teu novo negocio.
O autor
Iñazio Irizar é Doutor en CC. Empresariais pola Universidade do País Vasco, leva traballando na Corporación MONDRAGON máis de 30 anos. Ademais, a súa experiencia laboral esténdese a distintas empresas industriais, tanto a nivel nacional como internacional.
Foi así mesmo membro do equipo promotor da Universidade de Mondragón, creada en 1997, onde exerceu distintos cargos no reitorado e na Facultade de Empresariais.
Autor de máis dunha ducia de libros, así como de distintos estudos, informes e artigos, na actualidade compaxina os seus labores de profesor de Mondragon Unibertsitatea nos ámbitos do "Intraemprendizaxe" e a "Economía de Empresa", coas de consultor de Euskalit-Fundación Vasca para a Excelencia nas áreas de "Intraemprendizaxe" e "Ferramentas de creatividade e xestión de ideas".