Xenoma humano

Xenoma-HumanoA biotecnoloxía moderna abriu novos camiños en multitude de sectores, xamais imaxinados hai poucas décadas. O sector da saúde, en gran medida impulsado polo coñecemento recente do xenoma humano, é o que está evolucionando máis rapidamente, xerando novas tecnoloxías e aplicacións para o diagnóstico, a terapia e o prognóstico dos pacientes cara a unha medicina personalizada.

Este libro proporciona unha visión panorámica de como se pode aproveitar este coñecemento para mellorar a nosa saúde, sen esquecerse do enorme mercado que abre a nacente bioeconomía e sen deixar de lado as novas consideracións éticas e legais derivadas do uso de dito coñecemento.

Os autores

José Luis García traballa no CSIC dende 1986 e é Profesor de Investigación no Centro de Investigacións Biolóxicas do CSIC (Madrid) e líder do grupo de Biotecnoloxía Ambiental. Dende 1992 vén desempeñando numerosos cargos como Xestor e Asesor de Política Científica en distintos Ministerios. Foi fundador e presidente da Sociedade Española de Biotecnoloxía e fundou dúas empresas dedicadas ao diagnóstico xenético e á análise de xenomas.

Federico Baeza, Doutor en Bioloxía, creou, entre 1983 e 1990, o primeiro laboratorio de produción de animais transxénicos (ratos) de España como Investigador do CIEMAT (Madrid). Despois de desempeñar diferentes cargos como responsable e director científico de distintas empresas internacionais, actualmente, e dende o ano 2004, é Subdirector Xeral da Fundación Cotec para a Innovación Tecnolóxica.

Descargas

Compartir en redes sociais

Inicia sesión para enviar comentarios