A agrupación das empresas ao redor de clusters dinámicos, innovadores e competitivos é un valor en alza a nivel global; constitúe un potencial aínda por explotar que a Unión Europa, buscando acelerar a innovación e a competitividade empresarial, prevé favorecer na súa estratexia de actuación económica para o período 2014/2020.
A Consellería de Economía e Industria está a promover, a través do Igape, unha estratexia de traballo en común cos clusters galegos para avanzar en aspectos como:
- ofrecer unha imaxe conxunta dos clústers cara á o exterior (www.clustersgalicia.com)
- buscar socios para proxectos europeos
- formación para avanzar cara á excelencia na xestión dos clusters
- habilitar espazos compartidos para crear novas sinerxías mediante a potenciación da colaboración
As empresas agrupadas en clusters excelentes que tamén colaboran entre si, constituirán unha plataforma moito máis potente na súa interlocución coas administracións públicas e servirán mellor ás súas empresas.
Porque cremos na política de apoio aos clusters, tamén prevemos seguir avanzando nas medidas xa abertas para primar, tanto nas axudas como nos servizos ofrecidos a través do Igape, e tanto en mellora da competitividade como en internacionalización:
- Os proxectos colectivos sobre as iniciativas individuais
- Os proxectos individuais de empresas socias de clusters sobre os de empresas non asociadas.
Axudas ás agrupacións empresariais (clusters) innovadoras