Plan Foexga 2021 - 2022. Feiras e misións internacionais

Plan para o Fomento da Exportación Galega, Plan Foexga 2021-2022.

Calendario de actuacións 20201 -2022”  (Accións virtuais e presenciais)

O Igape e as Cámaras de Comercio Galegas colaboran na posta en marcha dun novo plan de accións promocionais conxuntas no exterior, Plan Foexga 2021-2022.

As actuacións que engloba o Plan Foexga están dirixidas a:

  1. Aumentar a base das empresas exportadoras.
  2. Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
  3. Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial como xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
  4. Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.

 

Destinatarios das actuacións:

Empresas galegas que dispoñan dun informe positivo en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización (IG192) realizado a través de programas do Igape.

 

Investimentos ou gastos computables:

  1. Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluindo encontros empresariais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro), tanto en formatos presenciais como virtuais.
  2. Participación en ferias ou en outros eventos expositivos que teñan lugar no estranxeiro, así como aqueloutros eventos promocionais de tipo congresos, conferencias ou simposios que aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan indubidablemente a promoción da empresa a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro. Tanto en formatos presenciais como virtuais.

 

Entidades colaboradoras adheridas ao programa:

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña (Tlf: 981216074)
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa (Tlf: 986446295)
Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela (Tlf: 981596800)

 

Modo de inscrición en cada acción:

Consulte a cámara para confirmar accións e datas.

IG249 Modelo de cuestionario de  solicitude

IG249 Manual de instruccións de presentación da solicitude

 

[ Ficha Reumen Axuda ]

 

Temas relacionados: