Marrocos a porta de África
Marrocos é o 25º país máis grande de África cunha área xeográfica de 446.550 km2 ² (712.550 km² incluíndo o Sáhara Occidental).
Segundo destino da exportación española despois da UE, sendo o volume de exportación a Marrocos maior que o de China e India conxuntamente.
O posicionamento estratéxico de Marrocos en África apoiado nos referentes culturais, idiomáticos e relixiosos comúns e liderado polos viaxes do Rei de Marrocos, Mohamed VI, permitiu posicionar ao país alauí como porta de África.
O país alauita é o máis estable do norte de África e apostou pola súa inmersión na economía mundial. Membro da Organización Mundial do Comercio (OMC), asinaron máis de corenta acordos de libre comercio que lle dan acceso a máis de 1.000 millóns de consumidores.
Marrocos é o principal receptor do Investimento Estranxeiro Directo (IED) do Norte de África.
A economía marroquí é a 5ª máis grande do continente africano (Sudáfrica, Exipto, Nixeria e Arxelia) e a 57ª máis grande do mundo.
Sectores de oportunidade
Os sectores comerciais máis atractivos para as firmas galegas inclúen a pesca (peixes e crustáceos), a automoción, as semi-manufacturas industriais (metálicas, eléctricas, mecánicas), as materias primas (madeira, plástico, pedra, formigón e de ferro e aceiro), os equipamento en xeral -en particular para a industria téxtil (pezas e complementos de vestir), o equipamento e a xestión turística, os servizos de transporte e loxística, os servizos de enxeñería e de consultoría, o sector da distribución (inclúe franquías), a exportación de sistemas de xestión en todos os ámbitos (desde loxística a sanidade) e o material e o equipamento de construción.
Desde a Antena Igape en Marrocos (Casablanca) poñemos a disposición das empresas galegas un coñecemento especializado da economía marroquí, para facilitarlles ao máximo o seu acceso a este mercado.
Convidamos a aproveitar esta importante ferramenta tanto ás compañías que queren comezar a exportar a Marrocos, como para as que buscan fortalecer lazos de comercio ou de investimento xa existentes.
Asesoramos e acompañamos a empresas e institucións nos seus procesos de internacionalización: plans de exportación, control e seguemento en todo o proceso de exportación, investigación e prospección de mercados, información e asesoramento da xestión administrativa da exportación (aranceis, loxística, documentos), asesoramento en fiscalidade internacional, ampliación e expansión de mercados, contratación internacional, asesoramento xurídico e marco legal internacional.
Comercio |
Investimento e cooperación empresarial |
Agroalimentación Automoción Distribución comercial Equipamento / material para construción Equipamento agrícola Equipamentos para industria téxtil Inxeniería e consultoría Insumos para industrias de metálica, metalúrxica, mecánica e electrónica. Material ferroviario (seguridade e sinalización) Sanidade Sistemas de xestión (loxística, sanidade,…) Transporte e loxística Turismo |
Acuicultura Aeronáutica Agroindustria Automoción Electrónico Enerxías renovables Servizos a empresas Servizos de formación Transporte e loxística Tratamento de augas Turismo |
Sección de contidos de interese para descargar:
- Informe. Sector da saúde en Marrocos [setembro 2021]
- Informe. Sector da pesca en Marrocos [setembro 2021]
- Informe. Situación sector enerxías renovables Marrocos [maio 2021]
- Informe. Situación sectores estratéxicos Marrocos Covid-19 [marzo 2021]
- Informe. A movilidade sostenible en Marrocos [xaneiro 2021])
- Nota Sectorial. A cadea de valor do sector da automoción Post Covid-19 [novembro 2020]
- Estudio. Estratéxia loxística Marrocos [setembro 2020]
- lnforme. Plan estratéxico do auga 2020-2027 [xullo 2020]
- Nota Sectorial. A estratexia portuaria para Marrocos 2030 [maio 2020]
- Ficha país Marrocos [febreiro2020]
A Antena Igape Marrocos presta servizos empresariais individualizados, para solicitalos acceda a través da Oficina Virtual do Igape IG263 Servizo de internacionalización Antenas do IGAPE non exterior.