Informe GEM 2018: información de alta calidade sobre a iniciativa emprendedora

[ Descargar informe en PDF]

O Global Entrepreneurship Monitor (GEM) constitúe a máis importante rede mundial sobre emprendemento e ten por obxectivo facer que a información de alta calidade sobre a iniciativa emprendedora estea dispoñible para o maior público posible. No marco deste proxecto global, 19 equipos de investigadores da contorna académica e empresarial de toda España, nucleados na Asociación REDE GEM España, estudan o comportamento da dinámica emprendedora a través de múltiples variables e xeran datos que publican en informes anuais.

infografia-gem-2018-1

O estudo GEM en Galicia é realizado por un equipo da Universidade de Santiago de Compostela e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través do Igape, e da AJE Galicia, ofrece os datos sobre a intención previa, o lanzamento e os primeiros anos de actividade e a consolidación ou o abandono das empresas. O índice TEA -é dicir, a porcentaxe de poboación que iniciou ou se atopa nos primeiros anos dun proxecto empresarial- acadou no pasado ano o 5,6% do total dos habitantes de Galicia, superando en máis de medio punto á de 2017 (5,06%).

infografia-gem-2018-2

 

[ Descargar informe en PDF]