Obxectivo:O obxectivo principal do Plan Foexga é conseguir a internacionalización real das pemes galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.
As actuacións que engloban o Plan Foexga están dirixidas a::
a) Aumentar a base de empresas exportadoras.
b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.
Tipo de apoio: Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva. Réxime de mínimis.
Prazo de presentación de solicitudes: comezará o 7-08-2019 e finalizará no prazo dun mes desde o día seguinte a esa data.