Hai dúas razóns polas que, unha e outra vez, a automatización conduce a niveis máis elevados de emprego. O primeiro ten que ver con que as novas tecnoloxías converten os luxos do pasado nas necesidades do presente, as cales requiren man de obra.A segunda razón para pola que non se perderán postos de traballo, mesmo na actual onda de cambio tecnolóxico, ten que ver coa natureza dos empregos. Unha persoa cun só traballo realiza moitas tarefas diferentes e, aínda que algunhas delas son vulnerables á automatización, outras non. Por tanto, non é exacto dicir que a intelixencia artificial substituirá moitos empregos. O máis adecuado sería afirmar que a intelixencia artificial podería encargarse de moitas das tarefas que conforman os traballos actuais.
Artigo orixinal: Por qué la Inteligencia Artificial sí va a crear puestos de trabajo