Luns, 07 Mai 2018 00:00

Principios organizativos para orientar os investimentos dixitais

Principios organizativos para orientar os investimentos dixitais pixabay.com

Un estudo do Foro Económico Mundial define catro principios organizativos, que comparten o obxectivo de reducir ineficiencias e mitigar riscos financeiros e operativos mentres se prepara unha organización para a transformación dixital a longo prazo ou para o investimento en oportunidades dixitais a curto prazo.

1.- Establecer unha propiedade clara interna sobre os investimentos dixitais:

  • Construír unha propiedade clara e xerarquizada sobre cada investimento en todos os niveis xerárquicos organizativos e do proxecto.
  • Establecer metas e incentivos aos propietarios de cada investimento aliñados coa visión dixital xeneral.

2.- Invertir en casos de uso, non en tecnoloxías:

  • Asegurarse de que cada investimento dixital está construído sobre un caso de uso claro, o cal, á súa vez, está integrado cunha función existente na empresa (por exemplo, márketing, vendas, cadea de subministración).
  • Crear métricas e indicadores específicos para os investimentos dixitais e realizar un seguimento do rendemento en como axudan a lograr obxectivos de negocio tradicionais.

3.- Seguir un enfoque baseado en resultados:

  • Adoptar un enfoque baseado en resultados e ser claro sobre o problema a resolver e a solución dixital relevante.
  • Enfocar o liderado na estratexia e as capacidades dixitais e entender as demandas e avaliacións crave a longo prazo das partes interesadas, sobre a adecuación das infraestruturas tecnolóxicas.

4.- Fracasar rápido e fallar barato:

  • Usar métodos de proba e erro, prototipos e estruturas dinámicas para optimizar o ciclo de vida do proxecto e os investimentos asociados.
  • Reducir os custos de fracaso dividindo os proxectos en obxectivos identificables a curto prazo e con puntos de decisión claramente definidos.

Artigo orixinal: Maximizing the Return on Digital Investments