Luns, 29 Xaneiro 2018 00:00

Por que as empresas e universidades deberían fraguar colaboracións a longo prazo?

Por que as empresas e universidades deberían fraguar colaboracións a longo prazo? pixabay.com

As empresas empezan a recoñecer que, para atraer ao mellor e máis brillante talento, deben crear organizacións orientadas a obxectivos e aliñadas con valores como o traballo significativo e a utilidade social. Do mesmo xeito, as universidades ven que o seu papel esténdese máis aló do ensino e a investigación pura para enfrontar desafíos sociais e contribuír ao crecemento económico. Tanto a industria como o mundo académico beneficiaranse da cooperación a longo prazo. As empresas obterán un maior acceso á investigación de vangarda e ao talento científico nun momento en que os orzamentos corporativos de I+D están, cada vez máis, baixo presión. As universidades obterán acceso a apoio financeiro e socios na investigación, nun momento en que o financiamento do goberno está a reducirse. O que é máis importante, a sociedade beneficiarase dun fluxo de avances inimaxinables anteriormente -en ciencias da vida, enxeñería biomédica, comunicacións, ciencias ambientais, intelixencia artificial e máis- que mellorarán de forma substancial a vida de todos.

Enlace orixinal: Why Companies and Universities Should Forge Long-Term Collaborations