A dixitalización está en todas partes, pero a súa adopción é desigual entre diferentes empresas, sectores e economías, e os pioneiros están a capturar a maioría dos beneficios. Acelerar o progreso en intelixencia artificial e automatización neste momento, proporciona máis oportunidades para usuarios, empresas e a economía. Europa, aínda progresando, está detrás de Estados Unidos e China. O artigo enlazado resume varios dos estudos realizados nos últimos anos por Mckinsey sobre dixitalización, automatización e o seu impacto no emprego, na rendibilidade empresarial e na economía, e, ao mesmo tempo, expón opcións acerca de como Europa pode aproveitar a oportunidade dixital e prepararse para o futuro do traballo.
Enlace orixinal: Dez consellos para Europa na era da intelixencia artificial e a automatización