Os maiores retos para a introdución da intelixencia artificial (IA) son as persoas e os procesos. En moitos casos, os retos sociais na incorporación da IA superan con fartura os retos técnicos. A medida que os directivos determinan as tarefas, tanto novas como tradicionais, que deben manexar as máquinas, en comparación coas que realizan os seres humanos, erá fundamental implementar programas que permitan unha constante recualificación da man de obra. E a medida que a IA continúa a súa converxencia con outras tecnoloxías, como a visualización avanzada, a colaboración electrónica e o pensamento de deseño, as empresas terán que pasar dun enfoque primario na eficiencia do proceso a un enfoque na eficacia da toma de decisións, o que esixirá aos líderes crear unha cultura de mellora continua e aprendizaxe.
Enlace orixinal: Enquisa revela cómo os negocios triunfan coa intelixencia artificial