O prazo de presentación finalizou o 30/11/2017

IG247 - AXUDAS DESTINADAS A ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS, MERCANTÍS E INDUSTRIAIS AFECTADOS POLOS INCENDIOS

Finalidade / Obxectivo

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o outorgamento de axudas específicas para reparar os danos e perdas que, como consecuencia dos incendios acaecidos en outubro de 2017, se ocasionaron en establecementos comerciais, mercantís
e industriais, incluídos no ámbito competencial da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Tipos de apoio

Axudas en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciais

As persoas físicas e xurídicas que desenvolvan actividades empresariais e/ou profesionais, incluídas no ámbito competencial desta consellería, en que se produciron danos.

Para estes efectos, consideraranse os danos causados nas súas edificacións, instalacións, maquinaria, bens de equipamento, vehículos, mobiliario, utensilios e existencias, sempre e cando estean afectos ás devanditas actividades empresariais e/ou profesionais.

Sectores incentivables

Todos.

Investimentos ou gastos computables

O investimento subvencionable será a adquisición dos activos destinados á reparación ou reposición das edificacións, instalacións, maquinaria, bens de equipamento, vehículos, mobiliario, utensilios e existencias danados polos incendios e adquiridos desde o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018.

2. Os beneficiarios terán de prazo para executar o proxecto subvencionado ata o 30 de setembro de 2018, e para presentar a documentación xustificativa ata o 30 de outubro de 2018.

Contía das axudas

A axuda será do 75 % do valor neto contable ou do reflectido no informe pericial de taxación, de ser o caso, dos elementos danados.

O límite máximo subvencionable por beneficiario será de 600.000 euros, e non poderá exceder os 100.000 euros no caso de existencias e os 500.000 euros no caso dos demais conceptos.

En función das dispoñibilidades orzamentarias e atendido o número de solicitudes admitidas, esta porcentaxe poderá elevarse ata o 100 % do investimento.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Referencia lexislativa

Resolución do 16 de outubro (DOG Nº206 do 30/10/2017) - Bases reguladoras

Información e tramitación en

Para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e dos danos a través de www.tramita.igape.es

Unha vez xerada a solicitude deberá presentarse obligatoriamente por vía electrónica.

Observacións

Poderase realizar un primeiro pagamento do 25 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez realizada a notificación da subvención. Exímense os/as beneficiarios/as da obriga de constituír garantías.