O prazo de presentación finalizou o 18/09/2010

TR341A - ABOAMENTO DE COTAS Á SEGURIDADE SOCIAL DOS TRABALLADORES QUE PERCIBISEN A PRESTACIÓN DE DESEMPREGO NA MODALIDADE DE PAGAMENTO ÚNICO

Finalidade / Obxectivo

O obxecto desta orde é establecer o procedemento de aboamento de cotas á Seguridade Social dos traballadores e traballadoras que percibisen a prestación por desemprego, na súa modalidade de pagamento único.

Beneficiarios potenciais

Traballadores desempregados que percibiran a prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único.

Sectores incentivables

Todos

Requisitos principais do proxecto

Requisitos do procedemento de aboamento de cotas á Seguridade Social dos traballadores e traballadoras que percibisen a prestación por desemprego, na súa modalidade de pagamento único:

a) Que percibisen a prestación por desemprego, de nivel contributivo, na súa modalidade de pagamento único.
b) Que optasen polo aboamento, dunha soa vez, da totalidade da prestación por desemprego.
c) Que adquirisen a condición de socio ou socia traballador/a ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con centro de traballo en Galicia; ou que se constituísen como traballador ou traballadora autónomo/a, sempre que se trate dunha persoa cunha discapacidade igual ou superior ao 33%.
d) Que iniciasen a actividade dentro do mes seguinte á percepción da prestación de pagamento único ou atoparse en fase de iniciación.
e) Estar dado/a de alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

Contía das axudas

Esta axuda consistirá no aboamento do 50% da cota ao réxime correspondente á Seguridade Social como traballador ou traballadora autónomo/a, calculada sobre a base mínima de cotización, ou o 100% da achega do traballador ou traballadora nas cotizacións ao correspondente réxime da Seguridade Social, durante o período polo que se percibiría a prestación por desemprego de non se ter percibido na súa modalidade de pagamento único, computándose, para efectos desta axuda, a partir da data de alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes rematará no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Cando o prazo de seis meses, establecido no número 2 anterior, finalice con posterioridade a esta data, a solicitude poderá presentarse a partir do 1 de xaneiro do exercicio seguinte e ata o 31 de maio.

Incompatibilidades

Esta axuda será incompatible coa percepción trimestral do importe da prestación por desemprego de nivel contributivo, na súa modalidade de pagamento único, para subvencionar a cotización do traballador ou traballadora á Seguridade Social.

O importe das axudas reguladas nesta orde non poderá ser, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, de tal contía que supere o custo da cotización á Seguridade Social satisfeita pola persoa beneficiaria.

Referencia lexislativa

Orde do 9 de agosto de 2010 (DOG Nº158 do 18/08/2010) - Bases e convocatoria 2010

Información e tramitación en

Información nas Delegacións Provinciais da Consellería de Traballo:

A Coruña - 981 182 392 / 981 185 978

Lugo - 982 294 363 / 982 294 344

Ourense - 988 386 223 / 988 386 224

Pontevedra - 986 817 202 / 986 817 204

As solicitudes e os anexos deste programa de axudas están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo http://traballo.xunta.es

Observacións

DOCUMENTACION:

Modelo normalizado de solicitude
Copia do DNI ou NIF do solicitante.
Copia da resolución do director ou directora provincial do Servizo Público de Emprego Estatal pola que se aproba o aboamento da totalidade da prestación contributiva por desemprego nun único pagamento.
Boletíns de cotización á Seguridade Social da primeira mensualidade para que se solicite o aboamento e, no seu caso, boletíns de cotización correspondentes ás mensualidades xa aboadas no momento da presentación da solicitude
Declaración comprensiva do conxunto de todas as solicitudes de axudas efectuadas ou concedidas, para a mesma finalidade, perante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados (segundo o modelo do anexo III). Ou, de ser o caso, unha declaración de que non solicitaron nin percibiron outras axudas ou subvencións (no modelo de solicitude)
Ficha de trransferencia bancaria e certificado da entidade financiera acreditativo de que a persoa solicitante é titular da conta corrente que indica.