Este programa ten por obxecto favorecer a inserción laboral con carácter estable dos mozos titulados mediante incentivos á contratación indefinida vinculada a proxectos I+D.
Axudas a fondo perdido.
Empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que formalicen contratos indefinidos iniciais vinculados a proxectos I+D, a tempo completo ou a tempo parcial, incluídos os fixos descontinuos, con mozos e mozas titulados universitarios ou de formación profesional de segundo grao ou de ciclo superior, desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego no momento da contratación, para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que concorra algunha das seguintes circunstancias:
a. Que participaran en programas de fomento da investigación e desenvolvemento tecnolóxico en universidades ou centros de investigación públicos ou privados, e se lles asignen tarefas acordes coa súa preparación e titulación.
b. Que se incorporen a un departamento de actividades innovadoras ou, no caso de que este non exista, se lles asignen tarefas que favorezan a innovación tecnolóxica ou técnica da empresa.
c. Que se incorporen a proxectos empresariais de investigación e innovación acollidos ao Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico ou a empresas que participen ou participasen no programa IDIPEME.
d. Que se incorporen a empresas de menos de 50 traballadores para a realización de tarefas relacionadas coa introducción das novas tecnoloxías da información e as comunicacións.
Todos.
1. A taxa de estabilidade do cadro de persoal da empresa no mes da contratación pola que se solicita subvención deberá ser igual ou superior ao 75%.
2. Como consecuencia da contratación indefinida inicial ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos 12 meses anteriores á data de inicio da relación laboral.
3. Como consecuencia da contratación indefinida ten que incrementarse o cadro global da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos 12 meses anteriores á data de inicio da relación laboral.
Contratacións indefinidas vinculadas a proxectos de I+D.
1. As contratacións indefinidas a xornada completa vinculadas a proxectos I+D que cumpran os requisitos establecidos na orde de convocatoria, incentivaranse cunha axuda de ata 3.000 euros, incrementándose a unha contía de ata 5.000 euros cando se realicen con mulleres tituladas.
2. Cando o traballador contratado posúa o título universitario de doutor, os incentivos previstos no número anterior incrementaranse nunha contía de ata 600 euros se son homes, e de ata 1.000 euros cando se trate de mulleres.
Cando se trate de contratacións a tempo parcial, a contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima ordinaria legal.
Estas contías veranse incrementadas nun 50% para o caso de microempresas.
O prazo para a presentación das solicitudes de axuda será de dous meses contados desde a data na que se inicie a relación laboral.
O prazo para a presentación de solicitudes rematará o 15 de setembro de 2009 aínda que nesa data non transcorresen dous meses desde a celebración do contrato obxecto de subvención.
As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas desde o 16 de setembro de 2008 e ata a data da publicación desta orde poderán presentarse ata o 15 de maio de 2009.
Orde do 11 de marzo de 2009 (DOG Nº53 do 17/03/2009) - Bases e convocatoria 2009
Orde do 11 de marzo de 2009 (DOG Nº62 do 31/03/2009) - Corrección de erros
Consellería de Traballo - Tlfno: 981957727