O prazo de presentación finalizou o 14/04/2007

SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DE ESTABLECEMENTOS DE CAFETERÍAS, CAFÉS, BARES E RESTAURANTES

Finalidade / Obxectivo

As accións encamiñadas á mellora dos servizos sanitarios e das cociñas de establecementos de cafeterías, cafés, bares e restaurantes.

Tipos de apoio

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

Os titulares da explotación de establecementos de cafetarías, cafés, bares e restaurantes en funcionamento.

O solicitante non debe ter recibido nos últimos tres anos ningunha axuda das administracións ou organismos públicos ou privados para o mesmo obxecto para o que se solicita subvención.

Será requisito imprescindible para acceder á subvención que os establecementos para os que se solicita estean inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) da Xunta de Galicia antes do remate do prazo que, para a presentación de solicitudes, se establece nesta orde.

Sectores incentivables

Hostalería.

Requisitos principais do proxecto

Servicios sanitarios:
a) Serán independentes para donas e cabaleiros.
b) Contarán, como mínimo, coas seguintes dotacións:
1) Un lavabo e un inodoro con descarga automática de auga. No caso de servizos de cabaleiros tamén contarán con urinario.
2) Ventilación directa ou asistida con renovación de aire.
3) As paredes, chans e teitos serán impermeables e estarán revestidos de materiais de doada limpeza.
4) Xabón líquido, toallas dunha soa utilización ou secador de mans.
5) Recipente hixiénico para o depósito do lixo.

Cociñas:
-A renovación e mellora de pavimentos e azulexos que deberán ser impermeables e revestidos de materiais de doada limpeza.
-As obras encamiñadas á mellora e garantía da ventilación directa ou forzada en todas as dependencias.
-A instalación de lavamáns de accionamento non manual en zonas de elaboración, manipulación e envasado de comidas preparadas.
-Bens de equipo tales como renovación de cociñas, cámaras frigoríficas, pranchas, aparatos de conservación de alimentos, etc., de uso industrial.

Cualificación requerida do proxecto

Será requisito imprescindible para acceder á subvención que os establecementos para os que se solicita estean inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) da Xunta de Galicia antes do remate do prazo que, para a presentación de solicitudes, se establece nesta orde. Debe estar inscrito co nome comercial actual do establecemento e a nome do titular que opte á subvención.

Investimentos ou gastos computables

Investimentos en: MELLORA DE SERVIZOS SANITARIOS e MELLORA DE COCIÑAS.
- Non se considerará obxecto de subvención a adquisición de viveiros, enxoval, vaixelas ou análogo nin a renovación do mobiliario ou adquisición de pequenos electrodromésticos.
- Non se computará como subvencionable ningún tipo de imposto, taxa ou prezo público.

Contía das axudas

Ata un 40% do investimento subvencionable cun importe máximo de 5.000 euros no caso de servizos sanitarios, e de 9.000 euros no caso das cociñas.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOGA

Incompatibilidades

É posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade pero o seu importe, en ningún caso, poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, superen a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente estea establecido.

O solicitante non debe ter recibido nos últimos 3 anos ningunha axuda das administracións ou organismos públicos ou privados para o mesmo obxecto para o que se solicita subvención.

Referencia lexislativa

Orde do 2 de marzo de 2007 (DOG Nº51 do 13/03/2007) - Bases reguladoras e convocatoria 2007
Orde do 24 de xullo de 2007 (DOG Nº150 do 03/08/2007) - Modificación

Información e tramitación en

Dirección Xeral de Turismo. Tfn: 981 546351
Delegación provincial da Consellería de Innovación e Industria.

Observacións

Os proxectos que se subvencionen non poderán estar comezados antes da visita da Inspección sobre a comprobación do seu estado, e estarán rematados con tempo dabondo para xustificar o investimento subvencionado dentro dos prazos establecidos nesta orde.

Os beneficiarios de subvencións concedidas terán como data límite para a presentación de xustificación do investimento executado o 15 de novembro de 2007