O prazo de presentación finalizou o 07/08/2010

PROGRAMAS SECTORIAIS DE INVESTIGACIÓN APLICADA PEME I+D E I+D SUMA (INCITE)

Finalidade / Obxectivo

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das subvencións da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Consellería de Economía e Industria co fin de pór en marcha os instrumentos previstos no Incite para a execución dos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D Suma.

Tipos de apoio

Subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

A. Proxectos individuais, proxectos realizados por unha soa entidade, sendo esta calquera das citadas como beneficiario:

1) Equipos de investigación de universidades, organismos públicos de investigación, entes e centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia: proxectos de investigación aplicada.

2) Centros tecnolóxicos da Comunidade Autónoma de Galicia: proxectos de investigación aplicada.

3) Empresas privadas, agrupacións de empresas de carácter privado, ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación:

i. Proxectos de investigación industrial.
ii. Proxectos de desenvolvemento experimental.

B. Proxectos en colaboración, proxectos realizados por mais dunha entidade sendo esta calquera das citadas como beneficiario.- Proxectos en colaboración, proxectos realizados por mais dunha entidade sendo esta calquera das citadas como beneficiarias.

Sectores incentivables

-Medio rural (MRU).
-Medio mariño (MMA).
-Recursos enerxéticos e mineiros (REM).
-Medio natural e desenvolvemento sustentable (MDS).
-Biomedicina e ciencias da saúde (CSA).
-Tecnoloxías da alimentación (TAL).
-Tecnoloxías dos materiais e da construción (TMT).
-Deseño e produción industrial (DPI).
-Deseño e produción na automoción (DPA).
-Tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC).
-Sociedade da información (SIN).
-Sociedade e cultura (SEC).
-Turismo (TUR).

Cualificación requerida do proxecto

Estas subvencións concédense para a realización de proxectos que se inicien no ano da convocatoria e que teñan unha duración máxima de tres anos, computada desde a data de concesión ata, como máximo, a data de xustificación da anualidade correspondente.

Investimentos ou gastos computables

A. Proxectos individuais realizados por:

1. Equipos de investigación de universidades, organismos públicos de investigación, entes e centros públicos de investigación: proxectos de investigación aplicada:

Conceptos subvencionables, que en ningún caso serán considerados como subcontratación:
– Persoal contratado.
– Material inventariable e bibliográfico.
– Material funxible.
– Axudas de custo por desprazamento.
– Outros gastos.
– Custos indirectos: imputarase por este concepto un 15% do custo total do proxecto.
Contía máxima por proxecto ou subproxecto: 120.000 euros para un período máximo de tres anos.

2. Centros tecnolóxicos: proxectos de investigación aplicada

Conceptos subvencionables:
– Persoal técnico do centro.
– Persoal adicional técnico-científico contratado.
– Material inventariable.
– Servizos tecnolóxicos externos.
– Material funxible.
– Viaxes.
– Subcontratación con organismos públicos de investigación.
– No caso de centros tecnolóxicos de carácter público: 15% en concepto de custos indirectos. Incrementarase nesta porcentaxe o importe total do proxecto unha vez detraído o importe das subcontratacións.

3. Empresas privadas, agrupacións de empresas de carácter privado, ou empresas públicas que teñan entre os seus fins ou realicen actividades de investigación: proxectos de investigación industrial e/ou proxectos de desenvolvemento experimental.

As solicitudes destes proxectos poden incluír os conceptos seguintes:
– Persoal técnico da empresa.
– Persoal adicional técnico-científico contratado.
– Material inventariable.
– Servizos tecnolóxicos externos.
– Material funxible.
– Viaxes.
– Subcontratacións con universidades, centros de investigación, centros tecnolóxicos ou outras empresas.

4. Proxectos solicitados polos distintos axentes do sistema galego de I+D con avaliación positiva nas convocatorias conxuntas de axudas para proxectos de investigación sobre o cambio climático dentro de ERA-NET CIRCLE e proxectos sobre a contaminación mariña accidental dentro do ERA-NET AMPERA, nas que a Consellería de Innovación e Industria é socio rexional.

B. Proxectos en colaboración, realizados por máis dunha entidade sendo esta calquera das citadas como beneficiario:
Obxectivo: promover o desenvolvemento de proxectos realizados por universidades, organismos públicos de investigación, entes e centros públicos de investigación, centros tecnolóxicos e empresas que actúen en colaboración como instrumentos do programa sectorial I+D Suma.

Calquera das entidades participantes no proxecto en colaboración poderá liderar o proxecto. O que adquire a condición de líder coordinará todos os traballos facéndose responsable do seu seguimento e coordinación.

Contía das axudas

A contía máxima da axuda concedida por proxecto (ou subproxecto, de ser o caso) será de 120.000 euros para un período máximo de tres anos para as solicitudes do Anexo I (proxectos realizados por equipos)

En xeral, as axudas solicitadas deberán referirse a algún dos conceptos seguintes, que en ningún caso serán considerados como subcontratación:

a) Persoal contratado especificamente para colaborar con dedicación total ou parcial nas actividades de investigación do proxecto. A contratación realizarase conforme os principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, de acordo coa normativa xeral vixente e coas normas específicas ás cales en materia de contratación estea sometido o beneficiario, e non se permitirá a contratación do persoal que xa formase parte do equipo inicial.

O importe mínimo de referencia para a contratación, a tempo completo, será de 21.000 euros por persoa e ano no caso de titulados superiores, e de 18.000 euros no caso de titulados medios ou formación profesional.

Excepcional e unicamente para o caso de títulos obtidos no estranxeiro que estean en proceso de homologación polo Ministerio de Educación y Ciencia, admitirase, durante un período máximo de dous anos, a substitución do contrato por unha bolsa, por un importe mínimo de 16.000 euros anuais.

b) Material inventariable e bibliográfico indispensable para a realización do proxecto, debidamente xustificado. O material inventariable e bibliográfico adquirido con cargo a estas axudas será propiedade do organismo ao cal pertence o/a investigador/a principal do proxecto.

c) Material funxible debidamente xustificado.

d) Axudas de custo por desprazamento para actividades que se precisen no desenvolvemento do proxecto.

e) Outros gastos (especificaranse no modelo de solicitude).

f) Custos indirectos: imputarase por este concepto como máximo un 15% dos custos xerais que de xeito razoado se poidan imputar ao proxecto. Deberán ser xustificados e acreditados, para o cal deberán ter sido realizados e pagados e ter relación directa co proxecto.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Poderanse cubrir e obter os formularios ata as 24 horas do día anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Incompatibilidades

As axudas previstas nesta orde serán incompatíbles con calquera outra das liñas de axudas xestionadas pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación para o mesmo proxecto. Polo demais, estas axudas serán compatibles con calquera outra destinada ao mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo total do proxecto ou custo total elixible no caso de proxectos cofinanciados con fondos Feder. Non obstante, no caso de proxectos de empresas, o importe das axudas concedidas en ningún caso poderá ser de tal contía que supere a intensidade de axuda aplicable de acordo co establecido no artigo 3ºdo anexo III.

Referencia lexislativa

Orde do 6 de xullo de 2010 (DOG Nº128 do 07/07/2010) - Bases reguladoras e convocatoria 2010
Orde do 30 de setembro de 2010 (DOG Nº198 do 14/10/2010) - Modificación

Información e tramitación en

Información adicional na Dirección Xeral de I+D+i, a través dos seguintes medios:

a. Páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es) na súa epígrafe de «axudas consellería»
b. Os teléfonos 881 99 91 60 e 881 99 91 56.
c. O enderezo electrónico cei.infosect@xunta.es
d. Presencialmente.