O prazo de presentación finalizou o 27/08/2011

AXUDAS PARA O FOMENTO DA INVESTIGACIÓN E A INNOVACIÓN EMPRESARIAL

Finalidade / Obxectivo

Obxectivo: axudas ás empresas galegas para o desenvolvemento de proxectos de innovación empresarial, así como aos centros tecnolóxicos ou clústers empresariais que lideran a posta en marcha de plataformas tecnolóxicas nos sectores estratéxicos para Galicia.

Tipos de apoio

Subvencións a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva para:

- Desenvolvemento de plataformas tecnolóxicas (IN841A)
- Preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais (IN841B)
- Realización de proxectos individuais e colaborativos de innovación tecnolóxica (IN841C)

Beneficiarios potenciais

- Para plataformas tecnolóxicas: clústers empresariais e centros tecnolóxicos.
- Preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais: empresas de carácter privado con personalidade xurídica.
- Realización de proxectos de innovación:

a) Proxectos individuais: pemes
b) Proxectos en colaboración: pemes e grandes empresas

Requisitos principais do proxecto

* Plataformas tecnolóxicas galegas (IN841A)

Obxectivo: fundamental a presentación de proxectos nas convocatorias nacionais e internacionais que xeren un retorno para Galicia. Estes instrumentos específicos pretenden acadar saltos significativos nas áreas científico-tecnolóxicas de importancia estratéxica para Galicia mediante o planeamento da estratexia referente á investigación, desenvolvemento e innovación a través das actuacións científico-tecnolóxicas relacionadas cun sector empresarial determinado.

* Preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais: empresas privadas (IN841B):

Actuacións subvencionables:

a) Presentación de propostas de proxectos de I+D a programas do plan nacional, tanto individuais como en cooperación.
b) Presentación de propostas de proxectos de I+D a programas internacionais en cooperación.


* Realización de proxectos de innovación tecnolóxica (IN841C):

Obxectivo: fomentar a innovación empresarial para aumentar a competitividade das empresas galegas industriais e de servizos. Trátase de impulsar non só as innovacións tecnolóxicas de proceso ou produto, senón tamén a implantación de técnicas de xestión da produción, técnicas de márketing ou técnicas loxísticas dende unha perspectiva de innovación aberta onde combinar o coñecemento interno co externo.

Estas subvencións destinaranse á realización dos proxectos de innovación empresarial dentro das seguintes modalidades:

– Innovacións para a xestión:

a) Innovación de organización da produción. Implantación de técnicas de xestión da produción relacionadas co deseño, industrialización e fabricación de produtos.

b) Innovación de márketing.

– Innovación de loxística.

– Innovacións tecnolóxicas de proceso ou produto.

a) Innovación de proceso. Implantación de sistemas ou métodos de produción que sexan novos ou significativamente mellorados respecto dos existentes, ou que estean vinculados coa obtención directa ou lanzamento e posta no mercado de produtos ou servizos novos ou moi mellorados.

b) Innovación de produto. Introdución dun ben ou dun servizo novo, ou significativamente mellorado, en canto ás súas características ou en canto ao uso a que se destina.

Cualificación requerida do proxecto

As subvencións recollidas nos procedementos IN841A e IN841C concederanse para a realización dos proxectos que se inicien con posterioridade á presentación da solicitude de subvención. As subvencións recollidas no procedemento IN841B concederanse para a realización dos proxectos que se inicien con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2011.

Investimentos ou gastos computables

* Plataformas tecnolóxicas (IN841A):

– Persoal da entidade solicitante destinado ás actividades da plataforma tecnolóxica, coa capacidade de xestionar grupos de traballo, realizar propostas de novos proxectos e dinamizar a xeración de proxectos colaborativos, sempre que se xustifique adecuadamente a súa necesidade e a súa vinculación con ela. Poderase imputar por este concepto un máximo do 50% do custo solicitado.

– Servizos tecnolóxicos e outros servizos externos, necesarios para a plataforma tecnolóxica cando a entidade solicitante careza de medios propios. Poderase imputar por este concepto un máximo do 50% do custo solicitado.

– Material funxible: adquisición de materiais funxibles precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

– Gastos derivados das seguintes actividades:

• Gastos de formación especializada para a mellora das capacidades do persoal non directivo da entidade solicitante e a súa profesionalización (non se inclúen gastos de viaxes nin manutención).
• Organización de programas de formación e foros para fomentar o intercambio de coñecemento dentro do sector.
• Actividades para o establecemento de contactos e intercambio de coñecemento con outras plataformas tecnolóxicas.
• Realización de talleres de traballo e accións co obxectivo de promover a colaboración entre membros da plataforma de cara á xeración de proxectos colaborativos.
• Difusión das actividades (xornadas, reunións de traballo, etc.) dentro do sector.

Como máximo poderanse solicitar, de forma conxunta, 9.000 euros para material funxible e gastos derivados.

Contía das axudas: como máximo, o 100% do custo subvencionable o primeiro ano, pero esta porcentaxe verase reducida de xeito lineal nos seguintes anos, e pasará a ser do 90% o segundo ano; do 80% no terceiro ano; do 70% no cuarto ano; do 60% no quinto ano.


* Preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais: empresas privadas (IN841B):

a) Gastos de persoal da entidade solicitante destinado á preparación do proxecto.
b) Gastos de consultoría
c) Material funxible: adquisición de materiais funxibles precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.
d) Gastos de viaxes e aloxamento realizados por persoal da entidade solicitante para a preparación da proposta.

Estas subvencións terán unha única anualidade, polo tanto, só se admitirán aqueles gastos, que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2011 e a data límite de xustificación.

Para as pemes estas subvencións poderán acadar o 70% do custo subvencionable e para as grandes empresas o 60% do custo subvencionable.


* Realización de proxectos individuais e colaborativos de innovación tecnolóxica (IN841C)

1. Para a determinación do custo subvencionable consideraranse como conceptos subvencionables os seguintes:

a) Persoal técnico propio da empresa, sempre e cando o tempo imputado estea exclusivamente
dedicado ao proxecto.

b) Persoal técnico adicional que contrate a empresa para a realización do proxecto con carácter exclusivo para el e que no momento da contratación non teña vinculación laboral coa empresa nin a tivese nos dous últimos anos.

c) Material inventariable: adquisición de equipamentos e instrumental precisos para a realización do proxecto, na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto, e que estean debidamente xustificados.

d) Material funxible: adquisición de materiais funxibles ou compoñentes precisos para a execución do proxecto, debidamente xustificados.

e) Servizos tecnolóxicos externos necesarios para a realización do proxecto debidamente xustificados.

f) Subcontratación. Cando as actuacións contratadas a terceiros supoñan a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto do proxecto, considerarase subcontratación e estará sometida ao cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 19º da orde de convocatoria.

g) Viaxes realizadas polo persoal asignado ao proxecto.

h) Formación específica impartida por axentes externos. Non se poderá imputar por este concepto máis dun 12% do importe total do proxecto.

Contía das axudas

* Plataformas tecnolóxicas galegas (IN841A):

Os beneficiarios destas subvencións poderán recibir, como máximo, o 100% do custo subvencionable o primeiro ano, pero esta porcentaxe verase reducida de xeito lineal nos seguintes anos, e pasará a ser do 90% o segundo ano; do 80% no terceiro ano; do 70% no cuarto ano; do 60% no quinto ano. Para a aplicación do indicado neste parágrafo, teranse en consideración aquelas subvencións concedidas a partir do ano 2007 inclusive.

* Preparación de propostas de proxectos que se vaian presentar a convocatorias estatais e internacionais: empresas privadas (IN841B):

Para as pemes estas subvencións poderán acadar o 70% do custo subvencionable e para as grandes empresas o 60% do custo subvencionable.

* Realización de proxectos individuais e colaborativos de innovación tecnolóxica (IN841C)

Nos proxectos presentados por pemes estas subvencións poderán acadar o 35% do custo subvencionable para pequenas empresas e o 25% para empresas medianas. Nos presentados por grandes empresas poderán acadar o 15% do custo subvencionable.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Poderanse cubrir e obter os formularios a través da aplicación informática ata as 14.00 horas do día anterior ao da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Incompatibilidades

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das liñas de axudas xestionadas pola Dirección Xeral de I+D+i para o mesmo proxecto. Polo demais, estas axudas serán compatibles con calquera outra destinada ao mesmo proxecto, calquera que sexa a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que conxuntamente non superen o custo elixible do proxecto. Neste caso, as entidades deberán achegar unha copia simple da resolución de concesión doutras axudas. Terase en conta que o conxunto das axudas acadadas non poderá exceder, en termos de equivalente de subvención bruto (ESB), a porcentaxe fixada en cada procedemento nas súas correspondentes bases reguladoras ou na normativa que lles é de aplicación, cando sexa máis favorable. Por outra banda, os gastos recollidos nesta orde non poderán acollerse a outras axudas procedentes do Feder ou doutros fondos ou instrumentos comunitarios.

Referencia lexislativa

Orde do 20 de xullo de 2011 (DOG Nº143 do 27/07/2011) - Bases e convocatoria 2011

Información e tramitación en

Máis información:
Na Dirección Xeral de I+D+i, a través dos seguintes medios:
a) Na páxina web oficial da consellería (http://economiaeindustria.xunta.es), na súa epígrafe de axudas consellería.
b) Nos teléfonos:
981 95 73 87 e 981 95 73 92 (anexo I).
881 99 91 60 e 881 99 91 56 (anexo II e III).
c) No enderezo electrónico cei.infosegapi@xunta.es
d) Presencialmente.