1. As presentes bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape para favorecer o incremento da internacionalización das empresas galegas non pemes, coa finalidade de incentivar e estimular o comercio exterior galego e a internacionalización.
2. O obxectivo principal destas bases é conseguir a internacionalización real de empresas galegas e propiciar a comercialización dos seus bens e servizos nos mercados exteriores.
3. As actuacións que engloban están dirixidas a:
a) Aumentar a base de empresas exportadoras.
b) Fomentar e consolidar a presenza de empresas galegas nos mercados internacionais.
c) Conseguir unha maior diversificación, tanto sectorial coma xeográfica das exportacións, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas.
d) Difundir a cultura da internacionalización como ferramenta de progreso e competitividade.
Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva.
Axudas en réxime de mínimis
1. Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que superen os límites establecidos para definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.
b) Que teñan domicilio social e algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de fin de execución da actuación, a través do procedemento do Igape IG192.
d) Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise. Para estes efectos de empresa en crise, convén ter en conta a definición de empresa en crise que aparece no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014 da Comisión. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia para ser beneficiario da axuda, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.
e) Que cumpran a normativa de axudas de minimis
f) Que estean ao día de pagamentos adebedados ás Cámaras de Comercio, Industria e Navegación das que formen parte.
2. Mediante a presentación da solicitude de participación na acción, os beneficiarios aceptan a tramitación a través da entidade colaboradora, que será así mesmo a encargada de informar puntualmente ao interesado sobre o estado da súa petición, os dereitos e obrigas da mesma, e das notificacións recibidas de acordo co establecido no artigo 6.2. O Igape porá a disposición deste programa, unha aplicación no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual para os efectos de cubrir o cuestionario de solicitude de participación electronicamente.
Para os efectos destas axudas, considéranse entidades colaboradoras as Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación galegas, declaradas entidades colaboradoras no marco das axudas para misións comerciais das pemes
As entidades colaboradoras actuarán de enlace entre as empresas solicitantes das actuacións indicadas no artigo 3.1 destas bases e o Igape. Serán as encargadas de organizar e executar as devanditas actuacións.
Serán subvencionables as seguintes actuacións:
a) Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluíndo encontros empresariais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro).
b) Participación en feiras ou noutros eventos expositivos que se celebren no estranxeiro, así como aqueles outros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias ou simposios que, aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan indubidablemente a promoción da empresa a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro.
E que sexan convocadas polas Cámaras de Comercio declaradas entidades colaboradoras no marco das axudas para misións comerciais das pemes.
Gasto subvencionable:
O importe resultante dos custos directos soportados polo beneficiario derivados na participación nas actuacións descritas no apartado 1 deste artigo.
Este importe non poderá exceder ao resultante para o mesmo concepto para as pemes participantes na acción correspondente das axudas para misións comerciais das pemes.
O importe deberá ser certificado para cada convocatoria pola entidade colaboradora organizadora da actuación.
Este gasto limitarase a 6.000 por empresa no caso de participación en misión comercial e a 25.000 no caso de participación en feira ou evento expositivo.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día da presentación da solicitude de axuda e a data de fin de execución segundo o establecido na convocatoria destas bases e na resolución de concesión. Tamén serán subvencionables os gastos efectuados con anterioridade á presentación da solicitude de axuda correspondentes a reserva das empresas de participacións nas accións.
En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado e non se admitirán os pagamentos en efectivo.
A contía da axuda será dun máximo do 70% sobre o importe ao que se refire o artigo 3.2. e coa seguinte distinción dependendo do tipo de beneficiario:
- Empresas non pemes con menos de 500 empregados 70%
- Empresas non pemes con máis de 500 empregados 60%
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será de un mes, contado dende as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo dun mes, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100% do gasto subvencionable.
2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 20.000 durante calquera período de tres exercicios.
3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza
Resolución do 27 de febreiro de 2023 (DOG Nº51 do 14/03/2023) - Bases reguladoras e convocatoria 2023
* Información:
- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es
*Tramitación:
As entidades colaboradoras deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do proxecto para o que solicita a subvención e o orzamento de gastos, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual. Deberase xuntar como documento a este formulario electrónico a convocatoria para a selección das empresas segundo o modelo do anexo III.
O prazo de execución de cada actuación iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematará no prazo dun mes a partir do día seguinte ao de finalización de cada actuación subvencionable (e como data límite final o 30 de novembro de 2024), prazo no que se deberá presentar a solicitude de cobramento. Todas as actuacións cuxa data fin de celebración sexa anterior ao 1 de novembro de 2023 deberán presentar solicitude de cobramento no exercicio 2023 (data límite 15 de novembro de 2023). As actuacións con data de celebración entre o 1 de novembro e o 31 de decembro de 2023 serán imputadas ao exercicio 2024.