Estas axudas teñen como obxecto apoiar ás empresas galegas mediante a realización de servizos de consultaría para a elaboración dun diagnóstico empresarial e/ou un plan de continxencia na procura de minorar os efectos do Brexit sobre as empresas galegas.
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva e incardínanse no réxime de axudas de minimis.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran algún dos seguintes requisitos:
a) Que Reino Unido sexa un dos seus 5 principais mercados intracomunitarios de exportación/importación.
b) Que exportasen/importasen ao/do Reino Unido máis de 100.000 euros nos tres últimos exercicios.
c) Que o Reino Unido supoña un mínimo do 10% da súa exportación/importación intracomunitaria total.
2. Tamén deberán cumprir o seguinte:
a) Que estea constituída como sociedade mercantil.
b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que estean ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
3. Non poderán ter a condición de beneficiarias:
a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas en crise, de acordo coa definición establecida no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento nº 651/2014.
c) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.
1. Serán subvencionables os servizos de consultaría que se materialicen nos seguintes conceptos:
a) Diagnóstico empresarial: comprenderá unha análise do negocio da empresa con Reino Unido en termos de clientes/provedores/dependencias loxísticas (cadea de subministro ou de comercialización), marco legal e regulatorio, marco financeiro e fiscal e o nivel de implantación da empresa no país e as súas repercusións, con identificación do grado de exposición da empresa ante os efectos do Brexit no seu negocio, e comprenderá o nivel de preparación para enfrentarse a eses cambios e identificará os aspectos máis relevantes a actuar en base a súa situación actual.
b) Plan de continxencia Brexit: incluíndo unha folla de ruta das diferentes accións que a empresa tería que abordar en cada ámbito (estratexia, mercados, operacións, marco legal e regulatorio, marco financeiro e fiscal, e aduanas) con identificación e deseño de accións concretas para mitigar os riscos aos que está exposta a empresa.
As empresas solicitantes deben acreditar que a consultora ou consultoras que vaian prestar estes servizos cumpren os seguintes requisitos: a) que se trate dunha consultora do Reino Unido ou dunha consultora que conte cun acordo explícito de colaboración con outra do Reino Unido para a prestación do servizo; b) ter realizado polo menos 5 servizos de asesoramento en temática de Brexit.
2. Os gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda no Igape. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita a subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable.
3. O período de execución dos gastos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data establecida na resolución da convocatoria. Calquera gasto realizado fóra deste período non será subvencionable.
4. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante nin cos seus órganos directivos ou xestores.
5. Cando o importe subvencionable dos servizos que se van adquirir a un mesmo provedor supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 no caso de prestación do servizo, no momento de publicar estas bases), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á prestación do servizo, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que os presten. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente.
6. En ningún caso os gastos dos servizos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.
7. O gasto máximo subvencionable dos servizos solicitados de acordo ao artigo 5 será o seguinte:
a) Pemes: 25.000 euros.
b) Grandes empresas: 40.000 euros.
De superar estos gastos máximos procederase a axustalo gasto subvencionable a estos límites máximos.
8. Admitirase unha única solicitude por empresa.
A subvención será dun máximo do 80% dos gastos subvencionables, coa seguinte distinción dependendo do tipo de solicitante:
Pemes - 80 %
Empresas con ata 500 empregados - 70%
Empresas con máis de 500 empregados - 60%
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará 30 de outubro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito. - Prazo suspendido por Covid-19
Derogación da disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020 polo que ser reanudan os prazos con efecto desde o 1 de xuño de 2020.
Novo prazo de presentación de solicitudes ata o 17/05/2021
1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere a contía establecida no artigo 3.2 destas bases.
2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 20.000 euros durante calquera período de tres exercicios.
Resolución do 4 de febreiro de 2020 (DOG Nº37 do 24/02/2020) - Bases reguladoras e convocatoria 2020
Real Decreto 463/2020 (BOE Nº67 de 14/03/2020) - Suspensión de prazos administrativos.
Resolución do 20 de maio de 2020 (BOE Nº145 de 23/05/2020) - Derogación da disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020 polo que ser reanudan os prazos con efecto desde o 1 de xuño de 2020
Resolución do 17 de xuño de 2020 (DOG Nº125 do 26/06/2020) - Modificación das bases
Resolución do 21 de decembro de 2020 (DOG Nº8 do 14/01/2021) - Ampliación do prazo de solicitude
* Información:
- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es
* Tramitación:
Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do servizo para o cal solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I).
Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma@firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC
O prazo de execución para a realización dos servizos de consultoria obxecto de apoio iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 15 de novembro de 2020 para as solicitudes con accións que se realicen ata esta data, e do 15 de novembro de 2021 para solicitudes con accións que se realicen ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento. As accións realizadas entre o 16 de novembro de 2020 e o 31 de decembro de 2020 poderán ser imputadas ao 2021.