O prazo de presentación finalizou o 03/08/2018

IG252 – AXUDAS DESTINADAS A SUFRAGAR OS DANOS EN ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS, INDUSTRIAIS, TURÍSTICOS E MERCANTÍS DERIVADOS DA EXPLOSIÓN DE MATERIAL PIROTÉCNICO PRODUCIDA EN TUI (2018)

Finalidade / Obxectivo

Aprobar as normas para a xestión do procedemento de concesión directa das axudas do Igape para sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais e mercantís, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui, o 23 de maio de 2018, conforme o establecido no Decreto 55/2018, do 31 de maio.

Tipos de apoio

Concesión directa. A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, de que poidan ser beneficiarios os afectados.

Beneficiarios potenciais

1. As persoas físicas ou xurídicas, titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos en que se producisen os danos derivados directamente da explosión.

2. As persoas beneficiarias das axudas están exentas do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, agás o requisito sinalado na letra a) deste artigo.

Sectores incentivables

Comercial, industrial, turístico e mercantil.

Investimentos ou gastos computables

1. Serán obxecto de axuda os danos causados pola explosión nos establecementos comerciais, industriais, turísticos ou mercantís como consecuencia dos estragos ocasionados pola explosión nas súas edificacións, instalacións, maquinaria e nas mercadorías nelas depositadas, así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades, na parte non comprendida tanto polas axudas que aproben outras administracións públicas como por calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, do que poidan ser beneficiarias as persoas afectadas.

2. Quedarán excluídas da percepción destas axudas as actividades de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

Contía das axudas

A contía da axuda será do 100 % do importe dos danos causados pola explosión conforme a valoración levada a cabo na peritación xudicial, cun límite máximo de 600.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

1. A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, de que poidan ser beneficiarios os afectados.

2. Cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas nesta normas concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido ou da contía ou porcentaxe establecida nestas normas.

Referencia lexislativa

Decreto 55/2018 do 31 de maio (DOG Nº104 do 01/06/2018) - Medidas urxentes para reparación de danos.
Resolución do 10 de xullo de 2018 (DOG Nº133 do 12/07/2018) - Normas de concesión de axudas.

Información e tramitación en

INFORMACIÓN:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en informa@igape.es

TRAMITACIÓN:

A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na aplicación informática http://www.tramita.igape.es

Tamén se poderá presentar presencialmente por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Xunto coa solicitude deberase achegar a seguinte documentación:

a) Documento acreditativo da representación da persoa que actúe en nome da persoa solicitante, de ser o caso.

b) Título ou documento admisible en dereito que acredite a titularidade do solicitante co establecemento afectado.

c) Título ou documento admisible en dereito que acredite a vinculación do titular do establecemento co inmoble danado.

d) Copia da póliza de seguro ou, de non ter seguro, declaración xurada de que os danos no establecemento danado non estaban asegurados.