Prazo aberto ata a derogación expresa da axuda

REGULACIÓN DE AVAIS

Finalidade / Obxectivo

Prestación de avais a empresas beneficiarias diante das entidades de crédito ou establecementos financeiros legalmente establecidos. Os avais terán algunha destas finalidades:
Avais para apoiar plans de viabilidade de empresas.
Avais para apoiar accións que sexan consecuencia de plans e programas sectoriais de competitividade, así como aquelas que, con igual finalidade, poñan en marcha empresas ou grupos empresariais de especial interese socio-económico para Galicia.
Avais para o apoio e promoción de novas empresas ou ampliación das existentes.

Tipos de apoio

Avais.

Beneficiarios potenciais

Poderán ser destinatarios dos avais as pequenas e medianas empresas privadas, participadas ou non polo Igape que, tendo o domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, destinen integramente os créditos e liñas de financiamento que se avalan á creación, ampliación, reconversión e reestruturación delas, dentro do plan económico-financeiro para o efecto elaborado.
As pequenas e medianas empresas non domiciliadas en Galicia poderán ser apoiadas para estas finalidades se destinan integramente as operacións obxecto de aval ás unidades produtivas situadas en Galicia.
Aquelas empresas que, sen ter a condición de peme, pertenzan a un sector considerado prioritario ou sexan obxecto dun plan de viabilidade segundo acordo en ambos os casos da Comisión Delegada para Asuntos Económicos.
Poderán avalarse as empresas polas operacións ou actividades que resulten de especial interese socio-económico para Galicia, segundo acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos.
O Igape poderá reavalar, ante as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia, o risco que estas asuman como primeiras avalistas por aquelas operacións acollidas aos programas de fomento empresarial que para tal efecto se aproben.

Sectores incentivables

Todos.

Requisitos principais do proxecto

A duración dos avais que conceda o Igape non excederá dos seguintes prazos:
5 anos nos casos de reconversión e reestruturación de empresas, así como nas operacións ou actividades que resulten de especial interese socio-económico para Galicia, segundo acordo da Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos.
7 anos para os supostos de creación ou ampliación de empresas.
As garantías outorgadas polo Igape consistirán na prestación de aval ás empresas beneficiarias perante as entidades de crédito ou establecementos financeiros de crédito legalmente establecidos.
Os avais teñen carácter subsidiario.
O contrato de aval establecerá as condicións específicas e garantías que se lle esixirán á empresa avalada, xa sexan dos seus socios, doutras persoas ou da propia empresa. As garantías estableceranse en función do tipo e a natureza das operacións avaladas.
Os avais prestados polo Igape producirán unha comisión da que se determinará o importe en función da contía e prazo do aval, así como do custo dos avais no mercado financeiro. En todo caso, a comisión anual non será superior ao 1% do importe do aval.

Cualificación requerida do proxecto

Presentar un plan económico-financeiro, elaborado por unha auditoría independente, para facer viable a continuidade das empresas.

Investimentos ou gastos computables

Poderanse avalar créditos e liñas de financiamento para a creación, ampliación, reconversión e reestruturación das empresas.
Operacións ou actividades que resulten de especial interese socio-económico para Galicia.
Tamén se poderá reavalar o risco que asuman as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia, como primeiras avalistas por aquelas operacións acollidas aos programas de fomento empresarial que, para o efecto, sexan aprobados.

Contía das axudas

Os avais axustaranse aos seguintes límites:
Non excederán para cada caso do 5% da contía global establecida na lei de orzamentos de cada ano para os avais do Igape.
Poderán garantir ata o cen por cento do principal dos créditos e demais liñas ou operacións financeiras destinadas a reconversión ou reestruturación de empresas e ata o setenta por cento dos destinados á creación ou ampliación. Respecto dos xuros, aplicarase o que se determine no contrato do aval.

Prazo de presentación de solicitudes

Estas bases terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación expresa.

Incompatibilidades

Non se indican.

Referencia lexislativa

Decreto 284/1994, do 15 de setembro de 1994 (DOG do 30/09/1994)
Decreto 132/1995, do 10 de maio de 1995 (DOG do 15/05/1995)
Resolución do 10 de xullo de 1995 (DOG do 18/06/1995)
Decreto 302/1999 do 17 de novembro de 1999 (DOG do 25/11/1999)
Orde do 27 de agosto de 2009 (DOG Nº do 03/09/2009) - Modificación do Decreto 284/1994

Información e tramitación en

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
Teléfono: 900 815 151
www.igape.es o informa@igape.es