O prazo de presentación finalizou o 03/06/2007

SUBVENCIÓNS PARA A REDACCIÓN INDIVIDUAL DE GUIÓNS DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS EN LINGUA GALEGA

Finalidade / Obxectivo

Redacción individual de guións orixinais en lingua galega, co fin de estimular a creatividade e o talento na procura dun audiovisual con identidade e mirada propias.

Tipos de apoio

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

Persoas físicas residentes en Galicia e que teñan a intención de escribir un guión para longametraxe de ficción, documental ou película para televisión.

Sectores incentivables

Sector Audiovisual.

Requisitos principais do proxecto

As subvencións outorgaranse a proxectos de obras orixinais ou adaptacións de obras literarias e terán unha contía máxima de 15.000 euros.

Contía das axudas

As axudas terán unha contía máxima de 15.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no prazo dun mes, a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. (ata o 3 de xuño do 2007)

Referencia lexislativa

Orde do 24 de abril de 2007 (DOG Nº85 do 03/05/2007) - Bases e convocatoria 2007

Información e tramitación en

Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Tfn: 981-544805