O re-Solve+ mellora sensiblemente ao estenderse a todas as microempresas e pemes galegas para cubrir operacións de financiamento de ata 300.000 euros. As axudas deste programa, aberto á presentación de solicitudes ata o próximo 15 de setembro, acollerán operacións financeiras avaladas nun 100%. O obxectivo é que o tecido empresarial poida acceder ao crédito que precisan para o seu financiamento operativo e mellorar os seus niveis de competitividade.
O conselleiro de Economía e Industria participou hoxe unha xornada sobre o Mercado Alternativo Bolsista, que consideró como unha alternativa interesante para o crecemento das empresas galegas. O Igape ten habilitado un programa pioneiro de axudas para facilitar a análise das empresas galegas que desexan avaliar as súas posibilidades de acceso a este Mercado. A Xunta ofrece además bonificacións fiscais que permiten deducións do 20% das cotas investidas en accións vía MAB, na asignación autonómica do IRPF.
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou na Laracha o Plan para activar a actividade económica desta zona con axudas que superan os 25 millóns de euros. O Plan Revive inclúe subvencións e préstamos para apoiar os grandes investimentos empresariais e os investimentos impulsados polas pemes e os emprendedores. O obxectivo fundamental é dinamizar os investimentos produtivos nos concellos da Costa da Morte e crear riqueza e emprego.
O director xeral do Instituto, Joaquín Varela de Limia, destacou en Santiago a importancia estratéxica de avanzar na internacionalización das empresas galegas e salientou que Economía e Industria reserva 12 millóns de euros para os apoios neste ámbito. Técnicos e directivos do Instituto que preside o conselleiro Javier Guerra explicaron polo miúdo a convocatoria das xornadas para este ano que se desenvolveron simultaneamente nas cidades de A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo.
As axudas destinadas polo departamento de Javier Guerra a dinamizar as vendas de coches en Galicia, a través do programa re-Móvete, suman 22,5 millóns de euros e permitiron apoiar máis de 30.000 operacións. As matriculacións en Galicia pasaron de 3.381 turismos en novembro a 4.362 en decembro, cun incremento do 29% no mes de decembro pasado.