Actualidade

O director do Igape, Javier Aguilera salientou hoxe na Tecnópole o privilexiado marco de apoio existente para dinamizar a actividade empresarial en Ourense, ao abeiro do Plan Impulsa. O director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, expuxo as liñas principais das axudas a proxectos empresariais de I+D de alto impacto ao amparo do programa FEDER-Innterconecta Galicia, "que multiplicará por sete cada euro destinado pola Xunta".

O director do Igape, Javier Aguilera, participou na conferencia de clausura do Proxecto europeo ATClusters e adiantou que se vai manter esta dinámica de cooperación transnacional mediante o novo proxecto ATC4 Excellence, aprobado xa pola UE. Aguilera Navarro definiu aos clúster como "grandes pancas da transformación económica cara a un futuro de recuperación e crecemento".

20111201prensaA Xunta apoiou a innovación empresarial en máis de 3.000 pemes e facilitou a mobilización de investimentos por 40 millóns, con este Programa. O Goberno galego aposta pola innovación como estratexia de crecemento aumentando nun 50% os fondos de Innoempresa neste exercicio. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, salienta que "o balance de 2011 é moi positivo", con 1.320 empresas apoiadas, un 95% máis que en 2010 e o respaldo á consolidación de preto de 12.000 postos de traballo.

O director xeral do Igape, Javier Aguilera, destacou no acto de presentación do informe GEM o incremento nun 6% dos emprendedores que pensan crear unha empresa a curto prazo. O estudo, no que colaboran a Xunta, a Universidade de Santiago e a CEG, sinala que aumentaron nun 44% as iniciativas empresariais consolidadas. O Igape aprobou nesta lexislatura, a través dos programas re-Imaxina e re-Emprende, apoios a máis de 900 proxectos de emprendedores, microempresas o pemes que están a crecer.

Esta rede recolle a experiencia acumulada pola Rede Mentoring, que coordina BIC Galicia e que na actualidade integra a preto dun cento de mentores e máis de 80 empresas mentorizadas. O obxectivo da rede de mentores en internacionalización é o de apoiar de xeito específico a proxección exterior das empresas galegas mediante expertos especializados neste ámbito.