Actualidade

O certame ten como obxectivo potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e fomentar así o emprendemento. Resultaron premiados equipos de Pontevedra, Lugo, A Coruña e Vigo, que recibirán en total 12.000 euros e poderán incorporarse a un viveiro de empresas da Consellería de Educación e recibir asesoramento técnico do Igape.

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no Forum El Comercio: a oportunidade dos fondos europeos para Asturias. Destaca que o Goberno galego segue a traballar para que estes recursos promovan a transformación económica en Galicia mediante a posta en marcha de proxectos que tamén impulsen a transición enerxética e a cohesión social e territorial.

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no encontro dixital Anticipando Davos. O Gran Reinicio para a empresa, organizado en colaboración coa Asociación para o Progreso da Dirección (APD). Destaca a necesidade de seguir apostando pola colaboración público-privada, o emprendemento e a transición ecolóxica para facer fronte á situación creada pola pandemia da covid-19. Resalta tamén o impulso do Goberno galego á dixitalización, a innovación e a Industria 4.0, impulsadas mediante o Plan de reactivación e dinamización, dirixido especialmente ás pemes.

As axudas aprobadas na segunda convocatoria desta liña van mobilizar 530.000€ achegando repostas ao tecido empresarial sobre como afrontar o novo contexto económico provocado pola covid-19. As pequenas e medianas empresas poden solicitar ata final de ano os servizos de asesoramento especializado en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización e a innovación.

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha xornada en liña organizada en colaboración coa plataforma exportadigital.es. Responsables dos departamentos de vendas de empresas líderes en comercio dixital e do Clúster da Función Loxística de Galicia expuxeron as claves para avanzar neste eido.