O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta tarde nunha xornada en liña do ciclo Brexit Galicia, que ofrece información e analiza accións de mellora para os sectores estratéxicos nas relacións comerciais co Reino Unido. A Administración autonómica realiza unha enquisa dirixida ás compañías para coñecer o impacto que está a producir a saída deste país da Unión Europea. Salienta a aposta do Goberno galego por apoiar ao tecido produtivo co reforzo das liñas de axudas a través da creación da Oficina Brexit.
O Goberno galego reforza con 4M€ a dotación da liña para adaptar os espazos exteriores e adquirir materiais de empaquetado de comidas e bebidas. O programa inclúe anticipos da metade do importe e acadarán o 80% dos investimentos, ata o máximo de 20.000 euros.
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe nun encontro dixital que contou con intervencións de representantes de entidades comerciais norteamericanas e de Abanca USA. As empresas interesadas tamén poderán manter entrevistas individuais virtuais a vindeira semana coa oficina empresarial do Igape situada en Miami. A iniciativa forma parte dun ciclo que afonda tamén nas oportunidades para as exportacións galegas en China, México, Perú, Marrocos, Reino Unido, Israel e India. Subliña que a Administración autonómica demostra o seu compromiso coa internacionalización do tecido empresarial dedicando este ano preto de 23M€ a reforzar as liñas en funcionamento e activar novos programas de axudas.
O director do Igape, Fernando Guldrís, mantivo esta mañá un encontro en liña con representantes de Ceaga, dentro da rolda de reunións que está a ter cos clústeres galegos para avaliar as novidades que introduce o texto. Un dos obxectivos da nova normativa é atraer investimentos empresariais apostando por unha administración máis áxil que dea resposta aos retos actuais. Destaca a importancia da cooperación entre os sectores público e privado para impulsar a transformación do tecido produtivo galego.
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha xornada en liña organizada en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) na que se abordaron os cambios en materia de impostos e aduanas. Destaca que coa creación da Oficina Brexit a Administración autonómica reforza as medidas de apoio ao tecido produtivo con intereses comerciais no Reino Unido. As compañías interesadas en dispor de diagnósticos ou plans de continxencia poden solicitar ata o 17 de maio as axudas da liña Cheque Brexit, dotada cun millón de euros.