O vindeiro 9 de Marzo, de 09:30 a 10:30 celebrarase un seminario web explicativo do servizo de profesionalización do programa ReAcciona.
O programa ReAcciona apoia ás Pemes no desenvolvemento de proxectos de mellora en ámbitos de xestión como o financeiro, produción, comercial ou de deseño estratéxico. A nova convocatoria do ReAcciona abrirase á presentación de solicitudes dende o vindeiro 5 de febreiro.
O seminario está especialmente dirixido a persoal directivo e responsables dos departamentos xestores en empresas de calquera sector de actividade (xerencia, compras, produción, finanzas etc.). Para asistir cómpre inscribirse no enderezo de correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou a través do teléfono 986 419 922 (ext. 2030).