As axudas do Programa Reforma-Tur tramítanse a través de Establecementos Adheridos. Pode adherirse ao programa calquera empresa ou autónomo que se dedique á venda dos bens subvencionables (materiais para rehabilitación de envolventes: fachadas, cubertas, porches, etc, materiais e mobiliario suxeito a instalación de fixación, para a reforma de interiores e exteriores, cuartos de baño e cociñas, sistemas de climatización, ventilación e auga quente sanitaria, sistemas de iluminación e sistemas domóticos). Dito establecemento deberá:
- Cubrir na aplicación do IGAPE a solicitude onde se comproban os requisitos para ser beneficiario.
- Presentar a solicitude de axuda telemáticamente.
- Teña en conta que este ano non é necesario enviar ningún papel para adherirse.
- Facturar e cobrar de acordo co programa, facendo o 25% de desconto e adiantando un 25% de axuda.
- Solicitar o cobramento.
- Conservar a documentación.
O prazo para darse de alta como establecemento adherido establécese entre o 29 de xaneiro e o 30 de abril de 2019 (ampliado). O procedemento é o seguinte:
- Debe contar cos medios técnicos adecuados (ordenador conectado a Internet, escáner, certificado dixital). Cubrir unha solicitude ante o IGAPE (IG258) na oficina virtual:
- Cubrir os seus datos na oficina virtual do IGAPE (escolla o procedemento IG258)
- Indicar cales son os seus puntos de venta, para que poidamos incluilos na nosa páxina.
- Designar unha ou varias persoas do seu establecemento que poderán tramitar electrónicamente a través da oficina virtual as axudas. Estas persoas deberán dispor de certificado dixital. Na nosa oficina virtual pode atopar máis información sobre este aspecto.
- Incluir escaneados os documentos xustificativos (Escritura de constitución e estatutos, poder e declaracion censal si estivera exento do IAE)
- Presentar solicitude telemáticamente.
Dispón de indicacións detalladas sobre o procedemento de adhesión e a posterior xestión das axudas na GUÍA DA ENTIDADE COLABORADORA.
Unha vez adherido, o establecemento aparece, con tódolos seus puntos de venda, na web do IGAPE como entidade colaboradora. Desde ese momento pode (e debe) utilizar o distintivo "Establecemento adherido" co seu cartel (este material enviarémosllo por correo postal) e colaborar co IGAPE na xestión das axudas.
Información de interese:
- Se ten calqueira dúbida, escríbanos a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
- Ficha do procedemento de adhesión.
- Teléfono de información: 900 81 51 51
- Soporte a entidades colaboradoras: 981 51 99 62
- Hoteis, albergues e casas de turismo rural que poden ser beneficiarios
- Guía da Entidade Colaboradora
NOTA: a convocatoria de axudas contén un erro polo que se restrinxen as axudas a hoteis de 40 prazas. En breve publicarase unha corrección de erros no DOG (DOG de 26/2/2019) para aclarar que se refire a 40 habitacións.