reforma17

 

Benvidos ao espazo web do PROGRAMA Reforma-Tur 19 para adquisición de materiais para a reforma de establecementos hoteleiros en Galicia.

 

Os establecementos hoteleiros poden solicitar a axuda Reforma-Tur ata o 31 de maio de 2019 (ampliado).


Se vostede representa a un establecemento de venda de materiais subvencionables interesado en ser entidade colaboradora, debe adherirse canto antes: o prazo é entre o 29 de xaneiro de 2019 e o 30 de abril (ampliado) de 2019. Pulse aquí para máis información.

¿EN QUE CONSISTEN AS AXUDAS DO REFORMA-TUR?

Son axudas do IGAPE a hoteis, albergues e casas de turismo rural para realizar reformas, tramitadas directamente polos establecementos de venta de material e complementadas con descontos directos na factura, que se traducen nun aforro do 50% na adquisición dos bens subvencionables.

Beneficiarios :
a) Establecementos hoteleiros cun máximo de 40 habitacións*, definidos no Capítulo II, artigo 4 (concepto de hoteis), artigo 6 (concepto de hoteis balneario) e artigo 7 (hotel talaso) do Decreto 57/2016.
b) Os establecementos de Turismo Rural segundo o Decreto 191/2004 situados no Camiño de Santiago.
c) Os albergues privados situados no Camiño de Santiago.

Os establecementos deben estar autorizados ou clasificados conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT), cunha antigüidade no exercicio da actividade no establecemento para o que se solicita a subvención non inferior a cinco anos á data de publicación da convocatoria de axuda.

Os bens obxecto de axuda para rehabilitación e reforma son:
- Materiais para rehabilitación de envolventes: fachadas, cubertas, porches, etc.
- Materiais e mobiliario suxeito a instalación de fixación, para a reforma de interiores e exteriores, cuartos de baño e cociñas.
- Sistemas de climatización, ventilación e auga quente sanitaria.
- Sistemas de iluminación
- Sistemas domóticos
(Os bens obxecto de axuda deberán ser empregados na reforma mediante instalacións fixas e constituír un compoñente da obra a realizar. Non se subvencionarán elementos non fixos.)

As axudas solicítanse directamente nun establecemento adherido. O prazo para solicitar as axudas é do 28 de febreiro ata o 31 de maio de 2019. Pode consultar nesta páxina os establecementos adheridos.  

A axuda do IGAPE é dun 25% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 25.000 €). Adicionalmente o establecemento de venta que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.

A compra mínima é de 10.000 euros (sen impostos) antes do desconto. A subvención máxima por establecemento hoteleiro é de 25.000 €.

Se vostede é o titular dun hotel, albergue ou casa de turismo rural interesado en adquirir materiais, o seu interlocutor será un establecemento de venda que colabore co IGAPE na tramitación do Programa, que estarán debidamente identificados mediante o cartel "Establecemento Adherido". 

Información de interese:

  1. Presentación do programa.
  2. Enderezo do programa: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
  3. Ver ficha na base de axudas
  4. Establecementos de venda de materiais adheridos ao programa
  5. Bases reguladoras (DOG) e ampliación de prazo.
  6. Hoteis, albergues e casas de turismo rural que poden ser beneficiarios

* NOTA: a convocatoria de axudas contía un erro polo que se restrinxían as axudas a hoteis de 40 prazas. Publicouse unha corrección de erros no DOG  de 26/2/2019 para aclarar que se refire a 40 habitacións.

TPL_SV_XUNTA_SOCIAL_SHARE_THIS_ITEM