A información financeira é a tarxeta de presentación do emprendedor ante as entidades financeiras, sociedades de capital risco, de garantía recíproca, posibles investidores e a propia administración pública. Conseguir que a empresa teña unha estrutura financeira equilibrada mellorará a súa capacidade de negociación e as condicións de obtención dos fondos que se precisan.
O IGAPE a través da Unidade Galicia Emprende pon a disposición dos emprendedores un equipo de titores que asesorarán no proceso de elaboración do plan de empresa, facilitándolle orientación e medios na redacción e avaliación do seu proxecto empresarial.
Para solicitar este servizo é necesario entrar no portal da Unidade Galicia Emprende rexistrarse e demandar o apoio para a elaboración do plan de empresa.
Dito o anterior, cando se presente un plan de empresa maduro, de acordo os estándares fixados polo Igape, ante a Unidade Galicia Emprende, un axente desta unidade deberá emitir un pre-informe de viabilidade. Este preinforme de avaliación deberá transmitir o rigor do análise do contido do documento, expoñendo as observacións que proceda sobre a súa viabiliade e a establecer as necesidades financeiras e as posibilidades de cobertura de fondos do proxecto.
O preinforme será remitido a un comité de avaliación creado polo Igape, para seu informe definitivo. O comité redactará un informe de viabilidade sobre o plan de negocio que ratifique, rectifique ou denegue o preinforme.
No caso de que o informe sexa positivo, informarase sobre súas necesidades financeiras e acompañarase da orientación sobre apoio económicos e financeiros públicos asinables ó proxecto e de informar sobre itinerarios considerados idóneos para a busca de apoios de financiamento privados.
Se o informe fose negativo, orientarase os promotores do proxecto para que estuden con maior profundidade a iniciativa presentada para seu análise, mediante os servizos que a Unidade Galicia Emprende ten no campo do emprendimento.
O IGAPE a través da Unidade Galicia Emprende, facilita un servizo de avaliación do plan de negocio para aquelas persoas que conten cun proxecto xa redactado e completo
O promotor interesado pode solicitar que se elabore un informe sobre o potencial de viabilidade do seu proxecto no cal se analizan distintos aspectos clave do mesmo.
Para solicitar este servizo é necesario entrar no portal da Unidade Galicia Emprende, rexistrarse e demandar o servizo de estudio de viabilidade. Acompañando esta solicitude, no momento inicial ou posteriormente, deberá de achegarse un plan de empresa xa realizado e sobre o cal traballará a Unidade Galicia Emprende.
Posteriormente remitiráselle un informe onde se indica unha opinión sobre o potencial de viabilidade do proxecto presentado.