Cando se analiza a implantación dun proxecto unha das decisións que hai que tomar é onde vai a ser a sede. A elección da sede dependerá, entre outros, dos seguintes factores:
1.- Tipo de actividade a desenvolver.
2.- Custo. Despoid dos salariais soe ser o gasto fixo mais importante.
3.- Fase na que se atopa a empresa: inicio, crecemento, contracción.
4.- Relacións cos clientes para definir o deseño do espazo de traballo, é dicir, visitan os clientes á sede.
5.- Da imaxe que se quere transmitir da empresa cara o exterior.
6.- Número de persoas que integran o equipo de traballo.
Tras nomear algún dos factores que afectan a elección da sede da empresa, se analizan as opcións da oferta de inmobles para asentar o centro de traballo.
No caso de emprendedores ou empresas que teñen os empregados traballando fora das instalacións, pode xurdir unha alternativa diferente os locais comerciais ou despachos profesionais, valorándose a viabilidade dun centro de coworking o centro de negocios.
Ambas opcións teñen na flexibilidade a súa principal razón de ser. Son tamén boas alternativas para traballadores autónomos o freelance que necesitan un lugar onde traballar. Nestes espazos se encontra dende un despacho a una dirección para domiciliar a empresa, servizos de atención telefónica, aluguer de salas de reunións de forma puntual.
Centro de negocios
Os centros de negocio son espazos pensados para a empresa. Ofertan servizos de domicilio socia, arrendamento de despachos, salas e equipos multimedia, servizos de atención telefónica, fornecementos de luz, auga, internet, limpeza, seguridade. Hai que destacar o aforro de custos respecto a outras alternativas.
Centro coworking
Un centro de coworking é un espazo pensado como alternativa para aquelas persoas que normalmente traballan dende o seu domicilio particular. É aínda mais flexible que un centro de negocios porque se pode arrendar un posto de traballo por unhas horas ou un mes, acudir só ás actividades que organicen para emprendedores (mellora de habilidades, capacidade de xestión da empresa, mellora das vendas, etc); ademais teñen acceso ós servizos do espazo de coworking. Unha das súas principais características é a de fomentar o traballo de colaboracións entre empresas para desenvolver proxectos en común.
Viveiros de empresas
Outra opción é a do viveiro de empresas, que soen estra vinculados a proxectos deemprendemento, polo que piden un plan de negocio. Normalmente, están destinados ó asentamento das empresas nas fases iniciais. O uso das instalacións está limitado a uns anos. Ademais da superficie arrendada, dispoñen dunha oferta de servizos, outros espazos e equipamentos tecnolóxicos importantes. O prezo é mais económico que a oferta inmobiliaria privada.
Polígonos industriais
Nos polígonos industrias pódese encontrar unha oferta de parcelas ou naves, destinadas sobre todo a empresas manufactureiras e de distribución e loxística. Constan con servizos comúns, como as acometidas de auga, electricidade, combustibles, redes de comunicación, servizo de identificación e vixilancia. En Xestur Galicia pódese obter mais información.
Mercado inmobiliario
Hoxe en día o mercado inmobiliario dispón dunha gran cantidade de superficie a bos prezos. Para evitar problemas hai que elixir espazos onde se poda desenvolver unha actividade empresarial ou profesional, é dicir unhas instalacións deseñadas para ese fin e evitar no posible as vivendas. Unha boa opción pode ser dispoñer dun despacho ou espazo nun centro de negocios tradicional.