Tras reflexionar e construír o modelo de negocio podemos continuar profundizando no proceso de análise do mesmo, coa elaboración do plan de negocio.
Qué é o plan de empresa?
Trátase dun documento no cal o promotor ou promotores do proxecto expoñen as reflexións que transforman a idea de negocio nun proxecto empresarial; describindo as estratexias que seguirá a empresa, as actividades que realizará e os medios previstos para levalas a cabo.
Obxectivos do plan de empresa
- Analizar a idea empresarial e/ou modelo de negocio reflexionando en profundidade sobre ela.
- Axudar a determinar a viabilidade técnica, legal, comercial, económica e financeira do proxecto.
- Desenvolver as estratexias precisas para que o proxecto se poña en marcha e se consolide.
O plan de empresa encádrase dentro dunha máxima dos emprendedores nunha primeira fase do seu proxecto, na que é “mellor investir tempo que investir diñeiro”
Beneficios de elaborar o plan de empresa
- O plan de empresa é unha ferramenta para a reflexión
- Axuda a definir os obxectivos da empresa a curto e medio prazo.
- Permite por o proxecto en común entre distintos socios, evitando que aparezan diferenzas ocultas coa empresa en marcha e facendo posible o fortalecemento do proxecto común.
- Elaborar o plan de empresa fai posible que se incremente a información sobre o modelo de negocio e o sector de actividade onde se desenvolver.
- Permite realizar unha análise do proxecto, sendo unha ferramenta para determinar a viabilidade potencial do modelo de negoc
- O plan de empresa é unha ferramenta para a planificación e coordinación
- Facilita a posta en marcha da empresa dun xeito organizado que reduza custes en tempo e diñeiro.
- É unha ferramenta de control unha vez a empresa esté en funcionamento, xq que permite contrastar a realidade co plan de negocio e as súas estimacións, detectando as desviacións e facilitando actuar sobre elas (para rentabilizalas ou corrixilas).
• O plan de empresa é unha ferramenta para obter apoio e financiamento
- É unha carta de presentación ante terceiros (colaboradores, proveedores…)
- Facilitará a obtención de financiamento alleo, xa que é un documento que será probablemente demandado por administracións públicas, entidades financeiras, investidores privados…etc.