- Anterior
- Siguiente >>
Todo proxecto de empresa desenvólvese ó redor dunha idea que aparece como consecuencia da detección dunha oportunidade de negocio. A maneira de dar coa idea acertada varía en función das circunstancias de cada persoa.
Son moitos os factores que poden levar a unha persoa a inclinarse por un proxecto en concreto, non existe unha fórmula concreta. Non obstante, a repetición de certas circunstancias comúns nas empresas que se crearon lévanos a identificar as primeiras fontes de ideas empresariais, a maneira de realizalas e o obxectivo que se persegue para lograr o éxito.