Miércoles, 28 Septiembre 2016 18:33

SKILLS 4.0 - retos formativos para a nova industria

Co obxecto de localizar e delimitar que habilidades e destrezas son as demandadas nos diferentes sectores de actividade empresarial, as "skills 4.0" que cómpre impulsar especialmente, o Igape consultou aos principais clústeres galegos a través dun estudio, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do proxecto "AT Clusters Galicia".

Os resultados deste labor de análise, que orientará o labor da Xunta de Galicia neste eido, foi presentado na xornada técnica "Skills 4.0: retos formativos para a nova industria" o 23/9/2016.

A continuación pode descargar a documentación relacionada coa xornada, e o propio estudio: