El plazo de presentación finalizó el 30/09/2021

TR802R - ES-TRANSFORMA. APOIO A EMPRESAS EN CRISE OU SEN REMUDA XERACIONAL MEDIANTE FÓRMULAS DE ECONOMÍA SOCIAL

Finalidad / Objetivo

Programa de apoio á recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional, mediante formulas de economía social, destinadas a remediar a grave perturbación que na economía galega provocou o gromo de COVID-19 e a impulsar a actividade económica.

Tipos de apoyo

As axudas previstas nesta orde financiase con fondos finalistas do Estado recibidos do Servizo Público de Emprego Estatal.

Beneficiarios potenciales

1. Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde, as sociedades laborais ou cooperativas previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, xurdidas de sociedades de capital, sociedades civís, asociacións que estivesen desenvolvendo unha actividade económica ou persoas autónomas preexistentes, a través dun proceso de transformación encadrable nalgún dos procesos que se detallan a continuación:

a) Procesos de adquisicións de activos de sociedades mercantís de capital nun proceso regulado de disolución e liquidación societario (artigos 371 e seguintes do Real decreto lexislativo 1/2010), coa finalidade de fomento da actividade económica polas persoas traballadoras da sociedade mercantil disolta en liquidación, mediante a constitución dunha nova entidade de economía social.

b) Procesos de adquisición de activos (bens e dereitos da masa activa) da titularidade dunha persoa ou entidade concursada, ou dunha ou varias unidades produtivas desta, durante a fase común ou a fase de liquidación dun procedemento concursal (Real decreto lexislativo 1/2020) coa finalidade de fomento da actividade económica polas persoas traballadoras da concursada con contrato laboral extinguido a través dunha entidade de nova constitución (sociedades laborais, cooperativas).

c) No caso de ausencia de remuda xeracional:

i. Procesos de adquisición da totalidade do capital integrante dunha sociedade civil ou de capital,mediante compravenda das súas participacións ou accións por parte das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial do seu obxecto social logo de adopción, elevación a público e inscrición dos acordos de modificación estatutaria precisos para a súa transformación en sociedade laboral; ou logo de adopción, elevación a público e inscrición dos acordos de reestruturación societaria e modificación estatutaria precisos para a súa transformación en cooperativa.

ii. Procesos de adquisición do negocio dunha persoa autónoma por parte das súas persoas traballadoras, coa finalidade de levar a termo a continuación total ou parcial deste logo de adopción, elevación a público e inscrición dos acordos estatutarios precisos para a súa transformación en sociedade laboral ou cooperativa.

d) Constitución ex novo de sociedades de carácter laboral ou nunha cooperativa integradas total ou parcialmente polas persoas traballadoras cuxos contratos resultasen extinguidos por causa de crise ou xubilación do seu empregador (entendéndose como tales as sociedades de capital, sociedades civís, persoas autónomas e asociacións que estivesen desenvolvendo unha actividade económica).


As entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

b) Estar ao día nas súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.

d) Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e reunir os restantes requisitos previstos nela.

e) As cooperativas e sociedades laborais deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas legais referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos sociais nos rexistros competentes desde o momento de presentación da solicitude.

f) Acreditación da formalización da transformación segundo a documentación complementaria requirida no artigo 10.2.

- Non poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas as empresas en crise en 31 de decembro de 2019, sen prexuízo da posibilidade de conceder axudas ás microempresas e pequenas empresas que estivesen en crise o 31 de decembro de 2019, sempre e cando non se atopen inmersas nun procedemento concursal nin recibisen unha axuda de salvamento ou de reestruturación.

- Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas entidades cuxas persoas promotoras ou integrantes das cooperativas ou sociedades laborais estean nos seguintes supostos:

i. Aqueles que con respecto da empregadora orixinaria tivesen a condición de: administradores, cónxuxes do administrador ou persoas con análoga relación de afectividade, ascendentes, descendentes e irmáns do administrador ou do cónxuxe do administrador, cónxuxes ou persoa de análoga afectividade dos ascendentes, dos descendentes e dos irmáns do administrador, persoas socias con participación igual ou superior ao 10 % do capital social. Se o órgano de administración for unha persoa xurídica, persoas socias (artigo 42.1º C. CO.), os administradores, persoas físicas representantes da persoa xurídica administrador e persoas vinculadas a este.

ii. Aqueles que fosen condenados en sentenza firme por delito contra o patrimonio, contra a orde socioeconómica, de falsidade documental, contra a Facenda pública, a Seguridade Social ou contra os dereitos das persoas traballadoras.

iii. Aqueles condenados por sentenza firme como persoa afectada pola cualificación de procedemento concursal declarado culpable.

iv. No suposto establecido no punto 1.b.i) deste artigo, incumprimento nalgún dos tres (3) últimos exercicios da obriga de depósito das contas anuais por parte da entidade cuxas participacións ou accións sexan adquiridas polas persoas traballadoras.

Inversiones o gastos computables

1. Establécense catro categorías de conceptos subvencionables:

a) Categoría 1. Adquisición de activos.

Comprende as subvencións orientadas aos investimentos vinculados á adquisición de activos esenciais para o óptimo funcionamento da nova entidade:

i. Activos materiais:

– Terreos.

– Construcións.

– Instalacións técnicas.

– Utensilios.

– Equipamento de oficina.

– Equipamentos informáticos.

– Elementos de transporte.

– Existencias.

Estes activos poden ser novos ou de segunda man, adquiridos polas sociedades laborais/cooperativas resultantes da transformación financiada por esta orde que formen parte do inmobilizado das sociedades limitadas a extinguir e transformar.

ii. Activos inmateriais para a incorporación de novas tecnoloxías da información e das comunicacións:

– Desenvolvemento e/o adquisición de software para venda de produtos e/ou prestación de servizos en liña.

iii. Outros investimentos:

– Reforma de locais de negocio.

Os investimentos adquiridos dentro desta categoría 1 serán subvencionables ata o 80 % do seu custo de adquisición, excluído o IVE e demais tributos que puideren ser exixibles, non podendo superarse a contía de 40.000 euros.

b) Categoría 2. Asesoramento.

Comprende as subvencións destinadas aos asesoramentos precisos no cumprimento das obrigas legais e no proceso de planificación e valoración económica previa ao proceso de transformación provistos por parte de profesionais coa debida acreditación para esta tarefa:

i. Asesoramento no cumprimento das obrigas legais que acompañan o proceso de transformación:

– Asesoramento legal para a transformación da sociedade de capital en cooperativa ou sociedade laboral.

– Rexistro e notaría.

ii. Asesoramento no proceso de planificación e valoración económica previa ao proceso de transformación:

– Plan de viabilidade da nova entidade (obrigatorio).

– Informe de due diligence.

Consideraranse profesionais coa debida acreditación para abordar a provisión dos servizos de asesoramento enumerados os avogados colexiados exercentes, economistas colexiados, ou ben as entidades que cumpran os requisitos de experiencia e formación acreditada en economía social.

Os asesoramentos previstos dentro desta categoría 2 serán subvencionables ata o 80 % do seu custo, excluído o IVE, e un máximo de 10.000 euros.

c) Categoría 3. Profesionalización e desenvolvemento estratéxico.

Comprende os servizos de profesionalización, planificación e desenvolvemento estratéxico vinculados cos seguintes gastos específicos:

– Investigacións de mercado e análise de potencial competitivo.

– Plan de márketing, de comunicación ou de relanzamento comercial.

– Plan de futuro e de mellora do negocio.

– Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio e/ou de optimización da produción (vinculado ou non á adquisición de activos inmateriais).

– Plan de xestión financeira.

– Obtención de certificacións de calidade.

– Desenvolvemento de páxinas web.

– Creación e desenvolvemento da imaxe corporativa.

Os servizos previstos dentro desta categoría 3 serán subvencionables ata o 80 % do seu custo, ou un máximo de 10.000 euros.

d) Categoría 4. Gastos correntes.

Comprende a subvención dos gastos correntes en que incorra a entidade transformada nos doce meses seguintes á súa nova constitución.

Os gastos previstos dentro desta categoría serán subvencionables ata o 80 % do seu custo e un máximo de 10.000 euros.

2. A subvención ascenderá a un máximo de 50.000,00 euros con carácter xeral por entidade transformada.

Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:

a) Un 10 % no caso de sociedades laborais ou cooperativas xurdidas dun proceso de transformación encadradas no suposto recollido no artigo 6.1.c).

b) Un 10 % no caso de que o centro de traballo da entidade transformada estea situado nun concello rural.

c) Un 10 % no caso de empresas orientadas a elaboración e venda de produtos.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

A axuda global que unha empresa poda percibir ao abeiro do Marco nacional temporal e do marco temporal relativo ás medidas de axuda estatal destinadas a apoiar a economía no contexto do actual crise derivada da COVID-19, recollido na Comunicación da Comisión Europea, do 19 de marzo de 2020 (2020/C 91 I/01) (DOUE do 20 de marzo de 2020), e as súas posteriores modificacións, en forma de subvencións directas, vantaxes fiscais e de pagamento ou outras formas, como anticipos reembolsables, garantías, préstamos e capital, todas elas antes de impostos e outras retencións, non poderá superar, no prazo de vixencia do Marco nacional temporal, os 1.800.000 euros

Referencia legislativa

Orde do 4 de agosto de 2021 (DOG nº 158 do 18/08/2021) - Bases reguladoras e convocatoria 2021

Información y tramitación en

Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

Teléfono: 981 544784

Email: economiasocial.emprego@xunta.gal