Contribuír a acadar un equilibrio sustentable entre os recursos da pesca e a súa explotación a través da redución do esforzo pesqueiro e de acordo cos obxectivos da política pesqueira común dos plans nacionais de desmantelamento e coa disposición dos programas de orientación plurianual para as frotas pesqueiras.
Axudas a fondo perdido.
Os propietarios de buques pesqueiros da 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques.
Pesca.
a) O buque ten que ter unha antigüidade mínima de dez anos, ter o seu porto base na Comunidade Autónoma de Galicia e atoparse de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Censo de frota pesqueira operativa.
b) O buque deberá ter unha actividade pesqueira mínima de 90 días de pesca en cada un dos dous períodos de doce meses anteriores á data de solicitude de paralización definitiva ou 120 días de pesca nos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude de paralización definitiva.
c) O buque non deberá estar achegado como baixa para unha nova construción ou modernización.
d) O buque ten que estar incluído nun plan do axuste do esforzo pesqueiro segundo o artigo 21 letra a) do Regulamento (CE) nº 1198/2006, relativo ao Fondo Europeo de Pesca.
e) Que, ao solicitar a axuda, o buque estea libre de cargas e gravames, salvo que a súa cancelación estea suficientemente garantida ou se presente autorización expresa da entidade crediticia para solicitar esta axuda.
Os beneficiarios deberán cumprir as seguintes obrigas:
a) Executar as actuacións obxecto da subvención dentro do prazo conferido para o efecto, e con cumprimento das condicións establecidas na respectiva resolución de concesión e demais normativa de aplicación. Excepcionalmente, en casos xustificados, logo de petición do interesado, os prazos poderán ser prorrogados por resolución expresa do secretario xeral do Mar.
b) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competente, tanto nacionais como comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos desde a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.
d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.
e) Comunicar á Consellería do Medio Rural e do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente, tanto público como privado.
f) Comunicar á Consellería do Medio Rural e do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para que foi concedida a axuda.
g) Acreditar, mediante declaración responsable, que non teñen pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.
h) Acreditar con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
i) Dar a axeitada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo de Pesca, nos termos regulamentariamente establecidos.
j) No caso das frotas que teñan dereitos de pesca asignados de xeito individual, o propietario do buque que se vaia paralizar deberá comprometerse a traspasar o 100 % dos dereitos de pesca a buques con porto base en Galicia ou a buques de empresas que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia. A permanencia do receptor na nosa comunidade (porto base ou domicilio fiscal) terá que ser por un tempo de 5 anos desde que se realice a transferencia de dereitos. O seu incumprimento implicará o reintegro pro rata temporis da axuda. Para este efecto para proceder ao pagamento cubrirase o anexo VI desta orde.
k) Con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión da axuda, o buque debe estar de alta no Censo de frota pesqueira operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia.
A contía das axudas será como máximo as seguintes:
a) Prima por despezamento
b) Prima por afundimento para a reconversión en arrecifes artificiais: mesmo baremo que o despezamento.
c) Prima no caso de que o buque se reconverta a tarefas non pesqueiras de carácter non lucrativo: mesmo baremo que o despezamento.
d) Prima no caso de que o buque se reconverta a tarefas non pesqueiras de carácter lucrativo: os importes máximos da prima por despezamento reduciranse nun 50 %.
Os importes máximos veranse reducidos nun 1 % por cada ano que sobrepase os vinte anos ata un máximo de 30 anos ou máis.
A contribución pública desta axuda poderá chegar ao 100 %.
Un mes desdo o día seguinte ao da publicación desta orde. Neste caso, entenderase como último día do prazo o correspondente ao
mesmo ordinal do día da publicación.
As axudas establecidas nestas bases reguladoras serán compatibles con calquera outra concedida por outras administracións públicas ou por entidades públicas ou privadas, sempre que non teñan financiamento parcial ou total de fondos procedentes doutro instrumento financeiro comunitario e a suma total das axudas non supere a porcentaxe máxima fixada no regulamento do FEP para a contribución pública.
No suposto de que a suma de todas as axudas supere os ditos límites, procederase por resolución do órgano concedente, á minoración da axuda concedida.
Orde do 23 de abril de 2013 (DOG nº 88 do 08/05/2013) - Axudas á paralización definitiva de buques pesqueiros.
Orde do 24 de outubro de 2013 (DOG nº 209 do 31/10/2013) - Convocatoria 2013
CONSELLERIA DO MEDIO RURAL E DO MAR.
SECRETARÍA XERAL DO MAR
San Caetano s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546347