Establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria de subvencións destinadas a financiar accións formativas e de transferencia tecnolóxica realizadas por entidades asociativas do sector agroforestal da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, e dirixidas ás persoas asociadas, aos directivos e ao persoal das ditas entidades.
1. As actividades subvencionables ao abeiro desta orde consistirán en cursos de formación e actualización profesional cuxa temática non sexa coincidente coa programación formativa da Consellería do Medio Rural e do Mar no mesmo ámbito territorial e actividades de transferencia de tecnoloxía.
2. Os cursos de formación e actualización profesional terán unha duración mínima de 20 horas lectivas e o número de alumnos non poderá ser inferior a 15 asistentes nin superior a 30. Poderán comprender unha viaxe didáctica relacionada co seu obxecto.
3. As actividades de transferencia de tecnoloxía poderán consistir en xornadas técnicas, seminarios ou demostracións. Terán unha duración non inferior a seis horas, un número mínimo de 15 asistentes e estarán relacionadas coas actividades que se desenvolven nos centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e do Mar.
4. A temática das actividades subvencionables versará sobre as seguintes materias:
a) Xestión empresarial e comercial.
b) Uso das tecnoloxías de información e comunicación.
c) Novas alternativas produtivas e certificacións de calidade no marco das producións de calidade diferenciada.
d) Produción agraria sustentable, agricultura ecolóxica e produción integrada.
e) Conservación de recursos fitoxenéticos autóctonos.
f) Incorporación de tecnoloxías innovadoras aos procesos de produción e transformación.
g) Fontes renovables de enerxía de uso agrario e biocarburantes.
h) Ordenación do espazo agroforestal e mobilización de terras agrarias.
i) Outras de carácter innovador en relación coas alíneas anteriores.
As sociedades cooperativas agrarias, as sociedades agrarias de transformación, as asociacións de cooperativas e as de produtores, os consellos reguladores de produtos de calidade diferenciada, as asociacións profesionais do ámbito agrario, alimentario ou ligadas ao desenvolvemento rural e as organizacións de produtores agrarios radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
1. Serán gastos subvencionables os que a seguir se relacionan:
a) Gastos de profesorado.
b) Gastos de seguros de accidentes do alumnado e, de ser o caso, importe da póliza de responsabilidade civil para afrontar os riscos que para os bens ou persoas poidan derivar da realización das actividades formativas. Así mesmo, poderán incluírse como subvencionables os seguros que sexan necesarios para cubrir posibles continxencias derivadas das actividades didácticas do profesorado, para o suposto de que tales continxencias non estean recollidas por ningunha relación de aseguramento.
c) Gastos en medios e material didáctico, textos e materiais dun só uso para o alumnado, así como o material funxible empregado durante as actividades.
d) Gastos de enerxía eléctrica, combustible, mantemento das instalacións e equipamentos formativos.
e) Gastos de transporte e aloxamento motivados pola realización de viaxes didácticas previstas no programa do curso ou da actividade formativa.
f) Gastos derivados do pagamento de entradas, guía e intérprete no caso de que a visita didáctica orixinase ese tipo de gasto.
g) Gastos de alugamento de instalacións e de maquinaria requiridos polo desenvolvemento da actividade.
h) Gasto de publicidade da actividade.
i) O IVE no caso de que sexa real e definitivamente soportado polo beneficiario e, por tanto, non recuperable, agás no caso de que o beneficiario sexa un organismo de dereito público xa que, neste caso, non será subvencionable a través da axuda Feader.
2. Estes gastos pódense considerar subvencionables sempre e cando estean relacionados coa organización, realización e impartición das accións de formación e na parte proporcional ao tempo de impartición do curso.
3. Serán gastos subvencionables os que se executen con posterioridade á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e sexan xustificados no prazo sinalado para iso.
4. Os gastos non docentes de actividades formativas e os de amortización ou arrendamentos de bens e edificios destinados a estas non poden exceder o 25 por cento do importe total dos gastos subvencionables da operación. Estos gastos son os previstos nas alíneas b) a i) do número 1.
1. A subvención total máxima por curso de formación será de 6.000 euros, que se poderá elevar ata 9.000 euros/curso no caso de que este inclúa unha viaxe didáctica.
2. Nas actividades de transferencia de tecnoloxía, a subvención máxima por acción será de 1.500 euros.
3. Estas axudas son incompatibles con calquera outra que poida ser solicitada ou concedida por outro organismo público ou privado, destinada a estas mesmas accións formativas.
4. A contía da subvención que se vai conceder, dentro das dispoñibilidades orzamentarias, poderá alcanzar o 100 % do gasto subvencionable determinado a partir do orzamento das actuacións, sen superar en ningún caso as contías máximas que se especifican nos puntos 1 e 2, nin o límite de 10.000 euros de subvención total por entidade.
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Orde do 10 de setembro de 2014 (DOG Nº 183 do 25/09/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
SECRETARÍA XERAL DE MEDIO RURAL E MONTES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN E TRANSFERENCIA TECNOLÓXICA
Servizo de Transferencia Tecnolóxica, Estatística e Publicacións
R/ Fontiñas, 31 baixo
15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981546662 / 981546693 Fax: 981546699