El plazo de presentación finalizó el 09/02/2015

MR440D - AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE MEDIDAS DE PROMOCIÓN DO SECTOR VITIVINÍCOLA EN MERCADOS DE TERCEIROS PAÍSES

Finalidad / Objetivo

Axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e realizar a convocatoria para o ano 2015

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Empresas vinícolas.

b) Organizacións de produtores e organizacións interprofesionais definidas no artigo 125 sexdecies do Regulamento (CE) nº 1234/2007, do Consello, do 22 de outubro.

c) Órganos de xestión das denominacións de orixe protexidas e das indicacións xeográficas protexidas vínicas.

d) Asociacións de exportadores e consorcios de exportación participados exclusivamente por empresas do sector vitivinícola.

e) Entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

f) Así mesmo, e no caso de existir suficiente dispoñibilidade de orzamento, tras a aprobación dos programas correspondentes aos tipos de beneficiarios antes indicados, poderán considerarse tamén beneficiarios os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de produtos e mercados en terceiros países.

Non obstante, conforme o disposto no número 1 do artigo 8 do Real decreto 548/2013, non serán admisibles as solicitudes de organismos públicos de ámbito nacional, que en todo caso deberán ser presentadas ante o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Sectores incentivables

Sector vitivinícola.

Requisitos principales del proyecto

Características das accións e programas

1. As accións e programas estarán claramente definidos especificando o país ou países a que se dirixen, os tipos de viños que inclúen, as medidas que se pretenden levar a cabo e os custos estimados de cada unha delas.

2. As accións distribuiranse en períodos de 12 meses que comezarán o 15 de xuño de cada ano.

3. As mensaxes basearanse nas cualidades intrínsecas do produto e deberán axustarse á normativa aplicable nos terceiros países a que van destinados.

4. No caso dos viños que conten cunha indicación xeográfica, deberá especificarse a orixe do produto como parte da campaña de información e promoción.

5. Sen prexuízo do disposto nos números 3 e 4, as referencias a marcas, de ser o caso, poderán formar parte da mensaxe.

6. O órgano colexiado previsto no artigo 19, e co obxecto de favorecer a coherencia e eficacia da medida, poderá establecer anualmente directrices sobre as campañas de información e de promoción, que se regularán polo disposto nesta sección.

Os beneficiarios deberán demostrar suficiente capacidade técnica e financeira para afrontar as exixencias de comercio cos terceiros países, e medios para asegurar que a medida se implementa o máis efectivamente posible. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos, para asegurar a resposta fronte ás demandas que se podan xerar como efecto da promoción realizada.

Inversiones o gastos computables

Poderán ser obxecto das medidas de promoción os produtos de calidade, destinados ao consumo directo, detallados no anexo IV, que conten con posibilidades de exportación ou de novas saídas comerciais en terceiros países e que pertenzan a algunha das seguintes categorías:

a) Viños con denominación de orixe protexida.
b) Viños con indicación xeográfica protexida.
c) Viños en que se indique a variedade de uva de vinificación.

Para a convocatoria de 2013 serán atendibles os gastos realizados entre 1 de xullo de 2013 e 30 de xuño de 2014.

Cuantía de las ayudas

A participación financeira da Unión Europea nos programas seleccionados non poderá superar o 50 por cento dos gastos subvencionables.

Plazo de presentación de solicitudes

Desde o día seguinte ao da publicación desta Orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 9 de febreiro de 2015

Incompatibilidades

Non se financiarán cos fondos do Programa nacional de apoio as medidas que están recollidas nos programas de desenvolvemento rural ao abeiro do Regulamento (CE) nº 1698/2005, do Consello, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural e ás accións de información e de promoción dos produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países recollidas na alínea 3 do artigo 2 do Regulamento (CE) nº 3/2008, do Consello, do 17 de decembro de 2007.

En ningún caso estas axudas poderán ser acumuladas ou complementadas con outras axudas nacionais ou das comunidades autónomas dedicadas á mesma finalidade.

Referencia legislativa

Orde do 22 de decembro de 2014 (DOG Nº 5 do 09/01/2015) - Bases reguladoras e convocatoria 2015

Información y tramitación en

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

SECRETARÍA XERAL DE MEDIO RURAL E MONTES

SUBDIRECCIÓN XERAL DE INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIA

Servizo de Industrialización e Comercialización
Avenida do Camiño Francés, 10
15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981540168 / 981540027

Observaciones

As axudas que deriven da aplicación de esta orde proceden do Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga).