El plazo de presentación finalizó el 30/03/2022

MR340A - AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARIOS

Finalidad / Objetivo

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas da Consellería do Medio Rural para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader),

Tipos de apoyo

As axudas consistirán en subvencións cuxa concesión se efectuará mediante concorrencia competitiva, así como en garantías para préstamos destinados a financiar os investimentos. As solicitudes de axuda poderán incluír soamente unha destas dúas modalidades de axuda, ou ben conxuntamente as dúas, xa que son combinables entre si nas condicións indicadas nesta orde.

Beneficiarios potenciales

Empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.

Cualificación requerida del proyecto

As solicitudes de axuda serán avaliadas conforme os criterios de valoración indicados no anexo II desta Orde.

Inversiones o gastos computables

1. Considéranse incentivables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca. Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación en que interveñan produtos non incluídos no anexo I do Tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade ou valor económico total deles non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final.

2. Os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización poderán ser produtos agrarios (incluídos no anexo I do Tratado) ou non agrarios (non incluídos no anexo I do Tratado). Para estes efectos considerarase que os produtos resultantes dos procesos de transformación e/ou comercialización son produtos agrarios cando a totalidade deles estean incluídos no anexo I do Tratado.

3. Non obstante, non serán apoiables:

a) Os proxectos en que o importe total dos investimentos subvencionables sexa inferior a 60.000 euros.

b) No sector vitivinícola os investimentos relativos aos produtos descritos na parte II do anexo VII do Regulamento (UE) nº 1308/2013 polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios, referente aos produtos amparados polos programas de apoio no sector vitivinícola, xa que poden ser subvencionados a través deses programas específicos.

4. Os tipos de gasto incentivables son os seguintes:

a) Construción, adquisición e mellora de bens inmobles. A compra de terreos ata un valor inferior ao 10 % do total dos gastos subvencionables.

b) Compra de maquinaria e equipamentos novos, ata o seu valor de mercado.

c) Os seguintes investimentos intanxibles: adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, así como adquisicións de patentes, licenzas, dereitos de autor e marcas rexistradas relacionadas cos procesos produtivos.

d) Os custos xerais vinculados ás alíneas a) e b) anteriores consistentes en honorarios de proxecto e dirección de obra, así como en estudos de viabilidade. En todo caso, o importe admisible nestes custos non poderá superar o 12 % do importe total dos investimentos subvencionables das alíneas a), b) e c) anteriores.

5. Non serán, no entanto, obxecto de axuda os investimentos relativos aos conceptos e actividades sinalados no anexo I desta orde.

Cuantía de las ayudas

* Subvencións

1. As subvencións consistirán en axudas para a execución de proxectos de investimentos. As porcentaxes máximas de axuda serán as seguintes:

* Empresas con tipos de produtos finais Incluídos na súa totalidade no anexo I do Tratado: 50%

* Non incluídos na súa totalidade no anexo I do Tratado:

- Microempresas e pequenas empresas: 30 %
- Medianas: 20 %
- Non pemes: 10 %

En calquera caso, o importe da subvención ou subvencións concedidas a un mesmo beneficiario non será superior a tres millóns de euros, e o importe das subvencións concedidas a un grupo empresarial non poderá superar o importe de seis millons de euros.

* Garantías para préstamos

Estas axudas consistirán en garantías do 80 % do risco inherente a cada préstamo formalizado destinado a financiar os proxectos de investimento, determinado conforme as condicións establecidas.

As características dos préstamos garantidos establécense no Convenio entre o MAPA, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Innovación e Formación Agroalimentaria, e as entidades financeiras para facilitar os préstamos garantidos polo instrumento financeiro de xestión centralizada (IFXC), sendo amparables por esta orde exclusivamente os correspondentes a unha duración total de ata 15 anos con tres (3) como máximo de carencia dentro dos incluídos no referido convenio. Conforme este convenio, o tipo de xuro preferente a que se formalizarán os préstamos será o resultado de sumar ao euríbor a un ano, correspondente ao segundo mes anterior ao de formalización do préstamo, un diferencial de dous puntos, redondeado o resultado a tres decimais. Se para determinar o xuro de formalización do préstamo conforme o sinalado anterioriormente, o tipo de xuro de referencia euríbor que proceda presentase un valor negativo, considerarase que o devandito valor é cero, valor ao cal se sumará o diferencial de puntos pactado e, por tanto, o tipo de xuro aplicable será o diferencial pactado.

As entidades financeiras que están adheridas a este instrumento financeiro por teren asinado o correspondente convenio co MAPA figuran relacionadas na páxina web: https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/programas-ue/periodo-2014-2020/marco-nacional/ifgc/Entidades%20Financieras.aspx

O importe por beneficiario do préstamo ou prestamos garantidos non poderá superar o 80 % do importe total dos investimentos incentivables admisibles presentados pola empresa, sen que supere, en todo caso, o importe de tres millóns de euros.

Para o recoñecemento do dereito a estes préstamos garantidos é necesario dispoñer previamente dun informe favorable de solvencia crediticia da Sociedade Anónima Estatal de Caución Agraria, en diante SAECA.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para subvencións desta convocatoria será dun mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes de préstamos garantidos desta convocatoria finalizará o día 30 de marzo de 2022.

Non obstante, no caso de que o investimento inclúa a construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, o solicitante terá un prazo adicional de tres meses para presentar a preceptiva licenza de obras. Así mesmo, no caso de proxectos de investimento incluídos nos supostos do número 1.b) do artigo 7 desta orde, relativos á declaración de impacto ambiental, o solicitante terá un prazo adicional de tres meses para presentar o informe favorable de avaliación ambiental ou ben o informe da autoridade competente que o exima da súa obtención.

Incompatibilidades

1. Unha operación poderá recibir axuda dun ou varios fondos EIE ou dun ou varios programas e doutros instrumentos da Unión, a condición de que a partida de gasto incluída nunha solicitude de pagamento para o reembolso por un dos fondos EIE non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.

2. As axudas en forma de subvencións e as correspondentes a garantías para préstamos ou derivadas doutros instrumentos financeiros comunitarios son compatibles entre si nas condicións establecidas no artigo 37 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 indicado.

Conforme iso, se para os mesmos investimentos se solicita ou se concede un préstamo garantido e unha subvención, aplicaranse os límites seguintes:

a) A suma do importe da subvención máis o importe do equivalente de subvención bruta (ESB) do préstamo, calculado conforme o indicado no número 4 deste artigo, non poderá sobrepasar as porcentaxes de axuda do investimento subvencionable indicadas no número 2 do artigo 4 desta orde.

b) A suma do importe do préstamo garantido máis o importe da subvención no poderá superar o importe total do investimento subvencionable.

c) Non se poderá utilizar a subvención para reembolsar o importe do préstamo obtido e o importe do préstamo non se poderá destinar a prefinanciar unha subvención.

No caso de que se superen os límites indicados nas alíneas a) e/ou b), procederase a reducir a subvención concedida na contía necesaria para manter os requisitos de compatibilidade citados.

3. No caso de préstamos garantidos destinados a financiar proxectos nos cales os produtos finais non están incluídos no anexo I do Tratado, aplicarase a normativa de minimis (Regulamento (UE) nº 1407/2013), polo que o importe do ESB no poderá superar, ademais, o importe de 200.000 euros durante un período fiscal de 3 anos.

Referencia legislativa

Orde do 30 de decembro de 2021 (DOG nº 25 do 07/02/2022) - Bases reguladoras y convocatoria 2022



Información y tramitación en

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Servizo de Industrialización e Comercialización

Avenida do Camiño Francés, 10
Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981540025