El plazo de presentación finalizó el 26/05/2010

ACCIÓNS ORIENTADAS A PRODUTOS OU SERVIZOS DE INNOVACIÓN TECNOLÓXICA RELACIONADOS CO XACOBEO 2010 (IN849A)

Finalidad / Objetivo

O obxecto das subvencións reguladas nestas bases é o financiamento de proxectos orientados á realización de produtos ou servizos de innovación tecnolóxica relacionados co Xacobeo 2010 susceptibles de utilización sen contraprestación económica por parte do usuario.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia competitiva

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos na convocatoria e nestas bases, as empresas de carácter privado, con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes e que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.

2. Non poderán ser beneficiarios destas subvencións as empresas activas nos sectores da pesca e da agricultura.

3. A axuda só poderá outorgarse a entidades que non estivesen en crise o 1 de xullo de 2008, segundo o disposto, para as grandes empresas, no punto 2.1 das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas publicadas no Diario Oficial da Unión Europea C 244/2, do 1 de outubro de 2004, e para as Pemes, no número 7 do artigo 1 do Regulamento (CE) 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto (Regulamento xeral de exención por categorías).

Sectores incentivables

Este réxime de axudas non poderá aplicarse a empresas activas nos sectores da pesca e da agricultura; a axudas á exportación nin a axudas que favorezan os produtos nacionais fronte aos produtos importados; a empresas activas na produción agrícola primaria; a empresas especializadas na transformación e comercialización de produtos agrícolas se o importe da axuda se establece en función do prezo ou da cantidade de produtos dese tipo comprados polos produtores primarios ou comercializados polas empresas afectadas, ou se a concesión da axuda se supedita á obriga de cedela total ou parcialmente a produtores primarios.

Requisitos principales del proyecto

Considéranse acción subvencionables:

a) Proxectos que poidan dar soporte mediante as TIC aos servizos de valor engadido para os turistas, peregrinos e público en xeral interesado no Xacobeo 2010, considerando especialmente as infraestruturas precisas para aplicacións baseadas en dispositivos móbiles, localización ou xeoreferenciación, redes sociais e web 2.0.

b) Proxectos destinados á creación tecnoloxicamente innovadora de contidos e aplicacións informáticas relacionadas coa promoción do Xacobeo 2010 e/ou a valorización do seu patrimonio artístico, histórico e cultural. Dentro das aplicacións informáticas consideraranse de especial interese os desenvolvementos propios.

c) Proxectos relacionados coas infraestruturas tecnolóxicas e ferramentas destinadas á creación, difusión ou mellora de servizos audiovisuais de interese para a promoción ou soporte das actividades do Xacobeo 2010.

d) Proxectos que permitan mellorar as tecnoloxías de restauración, inventario e/ou estudo dos elementos históricos, artísticos e culturais vencellados ao Xacobeo.

e) Proxectos baseados nas TIC que permitan dar un impulso á innovación e mellora da competitividade e da calidade da oferta turística vencellada ao Xacobeo: promoción dixital do sector, mellora das relacións cos clientes, incremento da oferta de servizos e diferenciación, etc.

Inversiones o gastos computables

Terán a consideración de gastos subvencionables:

- Persoal técnico, con relación laboral, con dedicación ao proxecto subvencionado. Considerarase a parte proporcional da nómina dedicada ao proxecto, gastos sociais ou pagas extras efectivamente pagados dentro dos prazos considerados.

- Persoal adicional técnico-científico que contrate a empresa para a realización do proxecto e que no momento da contratación non teña vinculación laboral coa empresa nin a tivese nos dous últimos anos. Na solicitude deberá figurar o perfil requirido para a persoa que se contrate.

- Servizos tecnolóxicos e colaboracións externas dedicadas ao proxecto co límite máximo do 20% do investimento subvencionable.

Entenderase por servizos tecnolóxicos aquelas actividades diferentes á investigación proposta que deban ser puntualmente prestadas por outra entidade para que o proxecto poida ser desenvolvido, tales como:

- Análises e ensaios de laboratorio.

- Enxeñaría para a montaxe e operación.

- Estudos e actividades complementarias.

- Consultorías externas.

Se a actividade que se vai realizar forma parte da propia investigación deberá ser considerada como subcontratación, e non como servizo tecnolóxico externo.

- Material funxible: adquisición de material funxible preciso para a realización do proxecto subvencionado.

Estas subvencións terán unha única anualidade e só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no número 5 deste artigo, que fosen realizados e pagados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2010 e a data límite de xustificación da subvención.

Cuantía de las ayudas

A axuda que se vai conceder asume a forma de subvención a fondo perdido e a súa contía será de ata o 100% dos gastos subvencionables, sempre que exista crédito e quedará suxeita ás seguintes limitacións, de acordo co marco temporal comunitario:

a) As axudas recibidas por unha mesma entidade non poden exceder os 500.000 euros (todas as cifras utilizadas serán importes brutos, é dicir, antes de impostos ou doutras deducións), aínda que se computarán para a dita acumulación tamén as axudas recibidas por unha mesma entidade acollidas ao réxime de minimis, entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2010. As axudas outorgadas ao abeiro do marco temporal comunitario non poden acumularse con axudas de minimis correspondentes aos mesmos custos subvencionables.

b) O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas, ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo elixible da actividade que vaia desenvolver o beneficiario.

c) As axudas que se concedan poden acumularse con outras axudas compatibles sempre que se respecten as intensidades de axuda máxima indicadas nas directrices ou nos regulamentos de exención por categorías aplicables.

d) Estas axudas non poderán acumularse con outras axudas procedentes do Feder ou doutros fondos ou instrumentos financeiros comunitarios, de acordo co disposto no artigo 34 do Regulamento (CE) 1083/2006, do Consello, do 11 de xullo de 2006.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Referencia legislativa

Orde do 7 de outubro de 2009 (DOG Nº206 do 21/10/2009) - Bases reguladoras
Orde do 14 de decembro de 2009 (DOG Nº245 do 17/12/2009) - Modificación
Orde do 14 de abril de 2010 (DOG Nº77 do 26/04/2010) - Convocatoria 2010

Información y tramitación en

Información:

a) Na páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es, na súa epígrafe de axudas consellería.

b) Nos teléfonos 981 95 73 87 e 981 95 73 92 da devandita dirección xeral.

c) No enderezo electrónico: cei.infosegapi@xunta.es

d) Presencialmente.