El plazo de presentación finalizó el 09/08/2010

PROGRAMA DE PROMOCIÓN XERAL DE INVESTIGACIÓN DO PLAN GALEGO DE I+D+I (INCITE)

Finalidad / Objetivo

Identificar a investigación básica de excelencia, investir na dotación dos recursos necesarios, propiciar unha actividade investigadora de calidade e con capacidade para competir no ámbito internacional e incentivar a mobilidade dos investigadores do sistema público de I+D+i.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

Beneficiarios dalgunha das modalidades:
- Equipos de investigación do sistema público de investigación (SUG; centros, entes e organismos públicos de investigación).
- Investigadores do sistema público de investigación (SUG; centros, entes e organismos públicos de investigación), que presenten propostas de proxectos nas convocatorias do VII Programa Marco en 2009.
- Comité organizador de congresos e reunións científicas por parte de persoal investigador non vinculado ao SUG nin a centros de investigación dependentes da Xunta.
- Investigadores do cadro de persoal, outro persoal investigador contratado e bolseiros ou contratados predoutorais e asimilados
vinculados a centros públicos que non pertenzan ao SUG.

Sectores incentivables

Todos

Inversiones o gastos computables

* Axudas para a elaboración de propostas ao VII Programa Marco:
Obxectivo: promover accións que faciliten a presenza dos investigadores galegos no VII Programa Marco.
Beneficiarios: Persoal investigador do sistema público de investigación de Galicia (SUG; centros, entes e organismos públicos de investigación), que presenten propostas de proxectos nas convocatorias do VII Programa Marco abertas ao longo do ano 2009. Non poderán ter a condición de beneficiarios o persoal investigador que presente propostas que xa foron financiadas en convocatorias anteriores aínda que non foran aceptadas polo VII PM.

Conceptos subvencionables:
– Contratación temporal de persoal
– Mobilidade dos membros do equipo de investigación e outros gastos asociados á constitución do consorcio.
– Asesoramento puntual de expertos externos.

Contías: 12.000 euros se o solicitante lidera a proposta, 6.000 euros se é socio.

* Axudas para proxectos de investigación básica:
Obxectivo: o desenvolvemento de proxectos de investigación que procuren a excelencia na xeración do coñecemento. Préstaselle especial atención ao desenvolvemento de novas liñas de investigación.
Beneficiarios: Equipos de investigación do sistema público de investigación de Galicia (SUG; centros, entes e organismos públicos de investigación). Non terán a condición de beneficiarios as persoas que dirixan ou participen nun proxecto vixente subvencionado con cargo ao Programa de Promoción Xeral da Investigación en convocatorias anteriores.

Modalidades:
a) Proxectos de investigación en calquera campo do saber, que supoñan un avance no coñecemento científico.
b) Proxectos en colaboración de dous ou máis equipos de investigación.

Conceptos subvencionables, que en ningún caso serán considerados como subcontratación:
a) Persoal contratado.
b) Material inventariable e bibliográfico.
c) Material funxible.
d) Axudas de custo por desprazamento.
e) Outros gastos.
f) Custos indirectos: imputarase un 15% do custo total do proxecto.
g) No caso dos proxectos liderados por un investigador novo, inclúese entre os conceptos subvencionables axudas para a realización de estadías de investigación necesarias para acadar de forma óptima os obxectivos do proxecto, sempre que a contía non exceda o 10% da cantidade solicitada.

Contía máxima por proxecto ou subproxecto: 120.000 euros para un período máximo de tres anos.

* Axudas para a organización de congresos e reunións científicas por parte de persoal investigador non vinculado ao SUG:

Obxectivo: axudar aos órganos individuais ou colectivos dos centros públicos de investigación a sufragar os gastos de organización de congresos e reunións de carácter científico e tecnolóxico que se celebren en Galicia entre o 1 de xaneiro e o 15 de decembro de 2009, e contribúan a difundir os avances do coñecemento científico e da investigación.
Beneficiarios: as subvencións serán solicitadas polo responsable do comité organizador do evento, e terá que ser necesariamente un órgano individual ou colectivo dun centro público de investigación radicado en Galicia. Non terán condición de beneficiarios os órganos individuais ou colectivos vinculados ao SUG e aos centros de investigación dependentes da Xunta de Galicia.

Modalidade A: congresos avalados por unha sociedade científica internacional ou estatal, con carácter periódico e sede rotatoria e con presenza significativa de relatores e/ou conferenciantes de centros de investigación estranxeiros. Máximo: 6.000 euros.

Modalidade B: congresos non avalados por sociedades científicas e non cubertos pola modalidade A. Máximo: 2.500 euros.

Modalidade C: reunións científicas con relatores alleos aos centros de investigación radicados en Galicia. Máximo: 1.250 euros.

Gastos subvencionables:
a) Gastos de difusión dos programas de reunión.
b) Custos de participación dos relatores e conferenciantes.
c) Edición das actas.

* Axudas para asistencia a congresos e reunións científicas por parte de persoal investigador non vinculado ao SUG:
Obxectivo: favorecer a participación do persoal investigador dos centros de investigación radicados en Galicia en reunións de carácter científico co fin de fomentar o intercambio de coñecementos e a colaboración entre grupos de investigación.

Modalidade A. Bolsas para a asistencia a congresos, simposios ou seminarios.
Modalidade B. Bolsas para a asistencia a cursos.

Beneficiarios:

1. Un mesmo investigador só poderá solicitar unha axuda das contempladas neste anexo.

2. No caso de axudas para asistencia a congresos, simposios e seminarios:
a) As axudas poderán ser solicitadas polo persoal investigador do cadro de persoal, outro persoal investigador contratado e bolseiros ou contratados predoutorais e asimilados vinculados a centros públicos de investigación. Non terá a condición de beneficiario o persoal investigador con vinculación co SUG.
b) O investigador deberá participar no evento presentando resultados do seu traballo de investigación.
c) Só se concederá unha única bolsa por traballo presentado nun evento, con independencia do número dos seus autores.

Non se financiarán actividades que se leven a cabo dentro do territorio galego, agás que, a xuízo da comisión, o programa do evento e a participación do solicitante nel o xustifiquen.

3. Axudas para asistencia a cursos. As axudas poderán ser solicitadas polos bolseiros de terceiro ciclo e bolseiros asimilados que estean a colaborar en actividades de investigación en centros públicos de investigación que non pertenzan ao SUG.
– 400 euros para congresos e reunións en territorio estatal e Portugal.
– 650 euros para congresos e reunións noutros países europeos.
– 1.100 euros para congresos e reunións que se realicen noutros países.

Cuantía de las ayudas

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Incompatibilidades

Serán compatibles con outras axudas ou subvencións destinadas á mesma finalidade. Esta compatibilidade estará condicionada a que o importe das axudas concedidas, illadamente ou en concorrencia con outras, non supere o custo da actividade subvencionada.

Referencia legislativa

Orde do 6 de xullo de 2010 (DOG Nº130 do 09/07/2010) - Bases reguladoras 2010

Información y tramitación en

Consellería de Economía e Industria

Información: Dirección Xeral de I+D+I

Teléfonos Información Axudas convocadas nos Anexos I e II: 881999160 - 881999156

Teléfonos Información Axudas convocadas nos Anexos III e IV: 981541083 - 981541086

Observaciones

Formularios :
•Para elaboración de propostas para o VII Programa Marco e Proxectos de investigación básica:
http://www.xunta.es/cumprimentacion-electronica
•Para organización de congresos e reunións científicas e Asistencia a congresos e reunións científicas:
http://www.xunta.es/consellerias

Lugar de presentación: preferentemente na oficina de rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano-Santiago de Compostela, así como nos rexistros de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local