Creación, reforma ou mellora mediante nova construcción ou á rehabilitación e/ou restauración de edificacións, para uso hoteleiro, sitos en núcleos históricos dentro dun área de rehabilitación integral (A.R.I).
Subvención a fondo perdido.
Poderán ser beneficiarios de subvencións para a creación, mellora ou reforma de hoteis, con carácter xeral, as empresas turísticas, así como as de nova creación e as agrupacións delas sempre e cando desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Hostalería e Turismo.
No caso de reforma ou mellora de hotel, o investimento subvencionable non poderá ser inferior a sesenta mil euros (60.000 ).
No caso de creación de hotel, o investimento subvencionables non poderá ser inferior a douscentos mil euros (200.000 ).
No caso de empresas xa constituídas só poderá adquirir a condicion de beneficiario potencial cando polo menos o 35% do cadro de persoal da empresa solicitante teña contratos por tempo indefinido (no caso de empresas con menos de 10 traballadores, a porcentaxe de contratación estable será dun 33%). Non será preciso dar cumprimento a este requisito de estabilidade laboral, no caso de que a subvención concedida sexa inferior a 60.101
Os establecementos, obxecto da subvención, non poderá superar unha oferta de alonxamentos de máis de 75 prazas.
Iniciar a súa actividade turística, incluídos todos os servizos que se previron no proxecto, provisto da correspondente autorización de apertura da Administración turística, nun prazo máximo de seis meses, contados a partir da data da xustificación final do investimento.
Manter a súa actividade durante un período mínimo de quince anos.
Crear os postos de traballo a que se compromete no anexo II e mantelos durante un período de 5 anos.
Adscribirse á central de reservas que, se é o caso, cree a Administración turística galega.
Considéranse investimento subvencionable tanto a execución material das obras que se emprendan para a creación ou mellora dos hoteis obxecto desta orde, como, se é o caso a adecuación do contorno e as actuacións de recuperación dos elementos de arquitectura, a cultura e a sociedade tradicional e os honorarios técnicos.
Considéranse comprendidos nos proxectos de obras e polo tanto subvencionables, todos aqueles bens de equipo que deben ser empregados nestas mediante instalacións fixas sempre que constitúan complemento natural da obra (cociñas, cámaras frigoríficas, instalacións de aire acondicionado etc...); non se considera subvencionable o equipamento que non cumpra as ditas condicións.
Non se considera subvencionable o mobiliario, a lenzaría, menaxe, vaixelas e análogos, a adquisición de terreos, nin ningún tipo de taxa ou imposto.
Os proxectos que se recollen nesta orde como accións subvencionables, poderán acadar unha axuda económica de ata o 20% sobre o investimento subvencionable.
O prazo para a presentación de solicitudes será de un mes desde o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Establécese a incompatibilidade da concorrencia de subvencións solicitadas ao abeiro desta orde coa solicitude de axudas segundo as ordes de convocatoria de subvencións para a creación ou mellora de infraestrutura hoteleira.
Orde do 27 de abril de 2006 (DOG Nº87 do 08/05/2006) - Convocatoria 2006
Orde do 10 de outubro de 2006 (DOG Nº203 do 20/10/2006) - Modificación do prazo de execución
Delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.