El plazo de presentación finalizó el 24/02/2014

SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES SEN FINS DE LUCRO PARA A DINAMIZACIÓN DOS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E PRAZAS DE ABASTOS (IN219A)

Finalidad / Objetivo

Estas bases teñen por obxecto a dinamización e revitalización dos centros comercias abertos e prazas de abastos de Galicia.

Tipos de apoyo

Subvencións a fondo perdido.

Beneficiarios potenciales

- As asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas, e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

- As agrupacións de persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica, constituídas só para os efectos de compartiren a unidade xerencial prevista nos puntos 3.1.1 e) e 3.1.2 e) do artigo 1, e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade, deberanse facer constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención aplicable por cada un delas, que terán igualmente a consideración de beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes.

- As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

Para estes efectos, terán a consideración de centros comerciais abertos as agrupacións de establecementos comerciais, do comercio interior de Galicia que conten, en todo caso, cunha unidade de xestión profesionalizada que deberá cumprir os seguintes requisitos:

- A unidade xerencial deberá ter contratada unha persoa física mediante un contrato laboral que en ningún caso poderá ser membro da asociación nin formar parte dos seus órganos de goberno e que desenvolverá funcións de xestión, contabilidade, información e asesoramento aos comerciantes e dinamización do comercio.
- Prestar servizos de atención ás persoas usuarias un mínimo diario de 6 horas en horario comercial.

Estas unidades xerenciais poderán ser compartidas entre dous ou mais centros comerciais abertos.

Ademais, o CCA deberá cumprir polo menos catro dos seguintes cinco requisitos mínimos:

a) Estar en concellos con poboación superior aos 10.000 habitantes, de acordo co establecido na normativa pola que se declaren oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do padrón municipal referidas a 1 de xaneiro de 2013.
b) Dispoñer dun grao de concentración comercial alto, é dicir, no espazo onde se desenvolve debe haber polo menos 100 comercios, os cales deberán compartir un sinal de identidade conxunto tanto a nivel urbanístico como comercial.
c) Contar como adheridos, polo menos, co 50 % dos comercios existentes na súa delimitación territorial.
d) Presentar unha diversidade de oferta comercial, con predominio da oferta especializada en equipamento persoal.
e) Integrar os principais eixes comerciais da vila.

Sectores incentivables

Comercio polo miúdo.

Requisitos principales del proyecto

Serán subvencionables os proxectos que teñan por finalidade acadar a dinamización e revitalización dos centros comerciais abertos a través de:

a) Dinamización comercial mediante a realización de campañas de promoción, publicidade en medios de comunicación ou en soportes publicitarios, así como a elaboración de material promocional das actuacións desenvolvidas. No caso de que o material promocional sexan bolsas, o importe máximo da subvención por este concepto será de 3.000 euros.

O desenvolvemento de campañas de dinamización ou actuacións encamiñadas á promoción das vendas deberan presentarse dentro dun proxecto de incentivación ao consumo en que se amose a participación directa dos establecementos comerciais asociados.

b) Desenvolvemento de sistemas de fidelización a través de servizos dirixidos á clientela cuxa finalidade sexa aumentar as vendas, atraer novas persoas consumidoras e satisfacer a clientela.

c) Sinalización comercial externa a través de elementos identificativos da área comercial.

d) Mellora da competitividade comercial a través das seguintes actuacións:
- Proxectos de creación ou posta en funcionamento e consolidación de centrais de compras e servizos.
- Creación de redes de comunicación.
- Xornadas técnicas e congresos en materia de comercio.

e) Os gastos imputables ás unidades xerenciais que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3.1.3 desta orde e derivados da formulación, execución e seguimento do proxecto obxecto da subvención.

Inversiones o gastos computables

Serán subvencionables os proxectos que teñan por finalidade acadar a dinamización e rexeneración das prazas de abastos a través das seguintes actuacións:

a) Instalacións e equipamentos do mercado e das praceiras e dos praceiros.

b) Desenvolvemento de sistemas de fidelización a través de servizos complementarios cuxa finalidade sexa aumentar as vendas, atraer novas persoas consumidoras e satisfacer a clientela.

c) Sinalización comercial que deberá aterse aos seguintes requisitos de cor de fondo dos postos respecto de cada un dos seguintes produtos:
- Fondo azul. Para os postos de venda de peixe.
- Fondo vermello. Para os postos de venda de carne.
- Fondo verde. Para os postos de venda de froitas e verduras.
- Fondo amarelo. Para os postos de venda de lácteos, ovos e panadaría.

d) Dinamización comercial mediante a realización de campañas de promoción, publicidade en medios de comunicación ou en soportes publicitarios, así como a elaboración de material promocional das actuacións desenvolvidas. No caso de que o material promocional sexan bolsas, o importe máximo da subvención por este concepto será de 3.000 euros.

O desenvolvemento de campañas de promoción ou actuacións encamiñadas á promoción das vendas deberán presentarse dentro dun proxecto de incentivación do consumo en que se amose a participación directa das praceiras e dos praceiros.

e) Os gastos imputables ás unidades xerenciais derivados da formulación, execución e seguimento do proxecto obxecto da subvención.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2014 e a data límite establecida no artigo 17 destas bases reguladoras, coa excepción dos gastos efectuados no 2013 de acordo co establecido no punto 3.

Cuantía de las ayudas

O investimento máximo subvencionable e o importe da subvención para estas actuacións é de:

a) 57.150 euros para os centros comerciais abertos situados en poboacións de máis de 14.000 habitantes que conten con máis de 100 comercios asociados, así como para os centros comerciais abertos situados en poboacións de menos de 14.000 habitantes que conten con máis de 80 comercios asociados.

En ambos os casos as cotas ingresadas polos asociados no ano 2013 representarán, ao menos, o 20 % do orzamento liquidado, no mesmo exercicio, pola asociación.

O importe da subvención resultará de aplicar unha porcentaxe do 70 % sobre o investimento subvencionable.

b) 44.000 euros para os centros comerciais abertos situados en poboacións de máis de 14.000 habitantes que conten con máis de 60 comercios.

O importe da subvención resultará de aplicar unha porcentaxe do 75 % sobre o investimento subvencionable.

c) 27.800 euros para os centros comerciais abertos que non estean comprendidos en ningún dos supostos recollidos nas alíneas a) e b) anteriores.

O importe da subvención resultará de aplicar unha porcentaxe do 80 % sobre o investimento subvencionable.

O investimento máximo subvencionable establecido para as actuacións contidas no artigo 1 punto 3.1.2 é de 14.000 euros.

A porcentaxe de subvención acadará o 70 % do investimento subvencionable.

Non entanto, as asociacións poderán solicitar, unha vez recibida a concesión da axuda, un anticipo de ata 25 %.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Incompatibilidades

O importe das axudas reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou entes públicos, nacionais ou internacionais, supere o 90% do investimento subvencionable.

Referencia legislativa

Orde do 14 de xaneiro de 2014 (DOG Nº15 do 23/01/2014) - Bases reguladoras e convocatoria 2014

Información y tramitación en

DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO

Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981545557 Fax: 981545541