a) Poderán solicitar a axuda:
- As persoas físicas que pretendan acceder ao servizo na súa condición de usuarios residenciais.
- Pequenas e medianas empresas.
b) Deberán, en ambos os casos, reunir ademais as seguintes condicións:
b.1. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
b.2. Non dispoñer de cobertura de banda larga de calidade de, polo menos, 2 Mbps en sentido rede-usuario mediante outra tecnoloxía.
b.3. Solicitar a axuda para a instalación da nova conexión no enderezo de residencia ou, no caso dunha empresa, domicilio fiscal.
b.4. Manter o novo contrato de conexión á internet por un período mínimo de doce meses, contado desde a data de alta no servizo.
b.5. Non ter sido beneficiario doutra subvención para o mesmo obxecto.
b.6. Tramitar a solicitude exclusivamente a través de calquera das entidades colaboradoras que sexan seleccionadas por Agader en procedemento público e aberto.
c) Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007.
Para os efectos das presentes bases reguladoras, considérase medio rural todo o territorio de Galicia, excepto as zonas incluídas nos perímetros urbanos definidos como tales no planeamento urbanístico vixente das cidades de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.
a) Considéranse subvencionables os gastos derivados da conexión ao servizo de acceso á banda larga vía satélite en ambos os sentidos de comunicación, que teña asociada unha velocidade de transferencia de datos de, como mínimo, 2 Mbps en sentido da rede ao usuario (DL). Só se subvencionará unha conexión por enderezo.
b) Terán a consideración de gastos subvencionables:
b.1. Custo de instalación, incluíndo os materiais precisos para a súa correcta realización (soportes, mastros, canaletas, cable etc.).
b.2. Subministración do equipamento preciso para distribuír o sinal de banda larga no interior das vivendas ou instalacións das empresas (router wifi, PLC etc.).
Só será subvencionable o IVE non recuperable cando sexa custeado de forma efectiva e definitiva polo beneficiario. Polo tanto, non se considerará subvencionable o IVE soportado polas empresas que sexa susceptible de recuperación ou compensación.
En ningún caso serán subvencionables equipamentos diferentes dos antes indicados (antena parabólica, LNB, módem satélite, terminais telefónicos etc.) nin as cotas mensuais que deberá satisfacer o beneficiario ao provedor do servizo da internet.
A contía da axuda acadará o 100 % do investimento subvencionable, co límite de 150 euros, e está condicionada á permanencia no servizo durante doce meses.
a) O prazo inicial para que as entidades colaboradoras presenten as solicitudes para a obtención da cualidade de entidades colaboradoras é dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, sen prexuízo do disposto no artigo 7.b) das bases reguladoras recollidas no anexo II.
b) O prazo para presentar as solicitudes de axuda comezará o día seguinte ao da publicación no DOG da relación de entidades colaboradoras adheridas e remata o 30 de setembro de 2013.
c) O prazo para que as entidades colaboradoras presenten a documentación xustificativa dos gastos subvencionados remata o 31 de outubro de 2013.
As axudas non serán compatibles con ningún outro tipo de axuda que poida recibir o beneficiario para o mesmo obxecto.
Resolución do 29 de abril de 2013 (DOG Nº89 do 10/05/2013) - Bases reguladoras e convocatoria 2013.
Información:
a) Páxina web oficial da Agader (http://agader.xunta.es), na súa epígrafe de «Liñas de axuda».
b) O teléfono 981 54 73 82 de Agader.
c) Presencialmente, nas dependencias de Agader, no lugar da Barcia, nº 56, estrada Santiago-Noia, km 1, 15896 Santiago de Compostela
Tramitación:
a) Para ser beneficiario o interesado deberá presentar a súa solicitude exclusivamente a través de calquera das entidades colaboradoras que sexan seleccionadas para este réxime de axudas, mediante solicitude presencial. Para tal efecto, os interesados cubrirán o formulario de solicitude que lles facilitará a entidade colaboradora.
b) Unha vez que a entidade colaboradora dispón do formulario asinado polo interesado, tramitará a solicitude normalizada que figura como anexo III.