INTERNACIONALIZACIÓN: XORNADAS DO PROGRAMA PRIMEIRA EXPORTACIÓN EN VIGO E A CORUÑA
No marco do Programa Primeira Exportación, que impulsa o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en colaboración coa Fundación Gas Natural Fenosa co obxectivo de facilitar os primeiros pasos para a exportación e orientar as accións preparatorias e iniciais do proceso de internacionalización, convocase:
Xornadas técnicas en Vigo e A Coruña. Atopar Axente ou importador: Procura, identificación e negociación.
- Vigo, Club Financiero: 16 de xullo 2015, de 09:00H. a 13:45H
- A Coruña, Museo de Arte Contemporáneo: 17 de xullo 2015 , de 09:00h a 13.00h
O Programa Primeira Exportación, orientado a pemes que queren empezar a exportar, é gratuito e ofrece asesoramento e titoría, e formación.
Nestas xornadas técnicas haberá relatorios específicos sobre a procura dos socios axeitados dentro do proceso global da exportación e sobre os instrumentos financeiros e os servizos axeitados para avanzar neste ámbito.
Perfil dos asistentes aos que van dirixidas estas xornadas:
- Empresarios e xerentes de PEMES que desean iniciarse na exportación.
- Xefes e directores de exportación e ventas con responsabilidade en mercados exteriores.
- Responsables noveles de exportación de pemes que desean unha tutoría para encauzar a súa labor.
- Xoves profesionais que desexen encauzar a súa vida laboral no ámbito da internacionalización empresarial. Polo que respecta a estos profesionais, o Igape presentará nestas xornadas o novo programa de bolsas de promoción exterior e outros programas para facilitar a inserción deste tipo de profesionais en empresas que se están iniciando na internacionalización nos que está a traballar para unha próxima convocatoria.
Inscricións xornada Vigo
Inscricións xornada A Coruña
Máis información: www.fundaciongasnaturalfenosa.org
|
|
|
|